Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
02 de Marzo do 2009. Actualizado ás 01:30
FRACASO ELECTORAL DO BIPARTITO

O Partido Popular volve a San Caetano avalado por unha marea de votos

210

00:10 02/03/2009 Co 99% dos votos escrutados, os de Núñez Feijoo logran unha cómoda maioría absoluta de 39 deputados, grazas ao amplo apoio conseguido tanto nas cidades coma no rural.

As provincias atlánticas moven os escanos

Fortaleza clave do PP nas grandes áreas urbanas d'A Coruña e Pontevedra

5

23:00 01/03/2009 O PP acumulou na xornada do 1M un incremento de até oito puntos na comarca da Coruña, un dos exemplos de fortaleza do partido no conxunto da maior circunscrición do país.

Ao vivo dende o cuartel xeral do PSdeG

Emilio Pérez Touriño: "Só podo recoñecer a vitoria do Partido Popular"

22:37 01/03/2009 Touriño prometeu unha avaliación máis ampla dos resultados, xa que esta segunda feira o partido desenvolverá unha xuntanza para valorar o acontecido neste domingo no que perderon os seus asentos na Xunta.

O CANDIDATO COMPARECE

“Despois de laiarnos, é o momento para reeditar o noso compromiso con Galiza”, di Quintana

22:48 01/03/2009 O líder nacionalista agradeceu os apoios recibidos e reeditou o seu compromiso de “manterse ao carón da xente”

Os candidatos á presidencia
Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.

Permitimos só unha aposta por día a cada usuario. A idea é achegar o voso prognóstico diario en función da percepción que tedes a pé de rúa. Introducindo en cada caixa o nº de escanos. Cantas máis veces votes, máis posibilidades de levar o premio. Apelamos á vosa capacidade analítica e sabedoría para facerdes de adiviños electorais. Picando na cifra do día podedes ver o prognóstico medio. (NOTA: a enquisa queda xa pechada, proximamente publicaremos o nome da gañadora ou gañador)



Entroido electoral 7

A erótica no poder

Entra no blog

A regueifa do día

"igual non estaba mal garda-los cartos de todos nunha conta nas Caimán" (5)
Gulías, cuarta peza
Outro tema dos de sempre/ isto si que e cousa fina / son o carallo dos votos /que chegan dende a Arxentina

Debate a tres

Caruncho e Pinto (5)
"Imos ver como o encaixo, goberne quen goberne, que miren polos de abaixo" (4)
Caruncho e Pinto (3) : "Imos falar dos de aquí, que eu non lle vou votar aos que pensan desde Madrid"
Pinto de Herbón e Caruncho métenlle regueifa ao voto emigrante (asalto 2)
Pinto de Herbón e Luís Caruncho: debate regueifeiro (asalto 1)

Axustando contas

Contos en campaña
Carlos Santiago
Paula Carballeira achéganos a historia de Maruxiña do Cuco

Votos ao garete

Pinto e Cobiñas