Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CO 100% DOS VOTOS ESCRUTADOS

Ábrese un novo escenario de negociacións en Euscadi

A coalición PNV-EA logrou o maior número de escanos no parlamento vasco, pero non os suficientes para repetir a anterior maioría cos votos de EB. Así, PNV-EA consegue 29 escanos, 4 menos ca en 2001. O PSE colócase como segunda forza política con 18 deputados, 5 máis ca na anterior lexislatura. O PP perde 4 escanos e consegue 15 deputados. O EHAK irrompe con forza no parlamento vasco con 9 deputados, 2 máis dos que conseguira EH nas anteriores eleccións. Con este novo panorama ábrese un escenario de negociacións que pode dar como resultado novas coalicións para a gobernabilidade de Euscadi. A posibilidade dun novo goberno esteado na coalición PNV-EA e no PSE aseguraría unha maioría absoluta na cámara vasca, mentres que un executivo de base nacionalista maioritario requirirá do apoio EHAK. Con todo, o PNV manterá a centralidade política na formación do novo goberno do País Vasco.

  • Territorios históricos: Guipúscoa asenta o éxito de EHAK
  • Nas cidades: Donostia e Bilbo para o PNV e Gasteiz para o PSE
  • De quen eran os votos que quedaron na casa?
  • Reaccións en Galiza: PPdeG, BNG, PSdeG
  • Anteriores: Primeiras sondaxes
  • A abstención pode ser 12 puntos maior ca nas eleccións de 2001

  • - 09:18 18/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)