ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CANCIÓN GALEGA DO VERÁN

Arranca o cuarto A Polo Ghit!

Ábrese o prazo de recepción de candidaturas ao concurso musical organizado por Vieiros e a Radio Galega.

Redacción - 12:45 09/05/2009

Este sábado ábrese o prazo de recepción de candidaturas para a cuarta edición de A Polo Ghit, o concurso que procura a canción galega do verán. Os grupos e solistas que queiran participar no concurso organizado por Vieiros e a Radio Galega poden enviar as súas cancións aos dous medios.

Lembramos que os temas teñen que ser orixinais, a letra debe estar en galego e teñen que ter as características típicas dunha canción do verán. Haberanse de mandar en formato MP3 aos enderezos electrónicos apologhit@vieiros.com e apologhit@crtvg.es, ou ben en formato físico por correo tradicional a Extrarradio, Radio Galega, San Marcos, 15820 Santiago de Compostela e mais a Vieiros, Rúa do Pombal, 43, soto, 15705 Santiago de Compostela.

Os arquivos ou discos terán que ir acompañados dos datos dos participantes, un breve texto descritivo, a letra da canción e fotografías da banda ou solista. Nas próximas semanas publicaranse as bases desta edición de A Polo Ghit, activarase a web do concurso e comezarán a publicarse nela e a soar no programa Extrarradio da Radio Galega as primeiras candidaturas recibidas.

Catro anos de andaina
Na anterior edición de A Polo Ghit participaron 82 cancións. Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags, foi a gañadora, e representou a Galiza no festival de linguas minorizadas Liet Lavlut, que se desenvolveu en Laponia no mes de outubro pasado. Biocultivos, de Sacha na Horta, foi a primeira clasificada na edición de 2007 e In the ocean de Pulpiño Viascón, gañou o primeiro certame, en 2006.


5/5 (5 votos)

Comentarios (5)

kaskada #1 9/Maio/2009 kaskada
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Agardemos que o xuri seña este ano competente

llorllidan #2 9/Maio/2009 llorllidan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E lo? Non o foi nos anos pasados?

Komun #3 10/Maio/2009 Komun
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E outra pregunta interesante: Cando remata o patrocinio/colaboración da Radio Galega? Porque moito me temo que este sexa a última edición. Sería unha mágoa, porque esta foi unha iniciativa que quitou á música galega da escuridade na que levaba dende metade dos 90.

JOSEGALAICO #4 10/Maio/2009 JOSEGALAICO
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿E poderase mandar a canción en galego, ou xa será obrigatorio facelo en español?

bobo #5 11/Maio/2009 bobo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

a por el hit 09!!! bien, se abre la temporada y el premio será una caja de gaseosas de marca (presi de la xunta) y todos a hacer claras...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: