Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Canal Estudos Galegos – Monográficos (2)

Estudos Galegos, remexemos na hemeroteca: Tradución

Como arrincamos unha lingua do seu contexto sociocultural para facela pasar por outra?

Redacción - 11:45 14/07/2009

Peneiramos a base de datos de Vieiros para achegarvos documentos de interese publicados neste canal. Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudos Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.

Velaquí o segundo Monográfico, publicado orixinalmente en xuño de 2001:


Monográfico 2 / TRADUCIÓN
Coordina Kathleen N. March
Catedrática do Departamento de Linguas Modernas, University of Maine
Nunca se ten falado nin escrito dabondo sobre a traducción. Só os menos informados pensarán xa nun proceso feito entre o texto orixinal e un diccionario, porque traducir quer dicer interpretar e quer dicer facer unha interpretación personal xunto cunha interpretación para os posibeis lectores. Tamén quer dicer expresar unha teoría sobre como funcionan as linguas humanas, como representan a realidade, como inflúen nos receptores. ¿Como arrincamos unha lingua do seu contexto sociocultural para facela pasar por outra? ¿Con que precision cómpre traballarmos? Algunhas teorías e teóricos afirman a necesidade de producir un texto o máis achegado posible ao orixinal, deixando así "en paz" ao autor. Outras teorías esixen o producirmos un texto asequíbel aos lectores, deixándoos a estes en paz. Ler aquí


Poetas galegos do P.E.N.
Por John Burns
...fun posuído por trinta espíritos moi diferentes, un tras outro, durante unha a cantidade de tempo difícil de especificar (en realidade foi máis ou menos tres meses, pero deume a impresion de ser moito máis). Poder compartir en tantas perspectivas e en tantas voces luminosas e sobre todo, alleas a min, voces que soltaron palabras que endexamais xurdirían da miña pluma, foi unha experiencia impresionante, un honor polo cal estou sumamente agradecido. John Burns é estudiante na University of Maine e empeza agora os estudios como graduado na Universidade de Wisconsin, EUA; así mesmo é traductor da antoloxía Poetas galegos do P.E.N. Ler aquí

Noitarenga como experiencia de tradución

Por Luís Martul Tobío
A editorial Noitarenga foi fundada como resultado da comprobación de que as editoriais galegas non estaban dispostas a publicar un conxunto de obras extranxeiras que por ser expoñentes dunha radical novidade de pensamento, non tiñan un mercado criado e por tanto non eran rendibles; mais precisamente por esa novidade cumpría espallalas o máis axiña posible. Luís Martul Tobío é o responsable da Editorial Noitarenga e profesor de literatura hispanoamericana na Universidade de Santiago de Compostela. Ler aquí


A tradución galega do "Cabaleiro na Carreta"
Por Santiago Gutiérrez
Vén de ser traducida un dos títulos máis salientables da literatura artúrica medieval francesa. Santiago Gutierrez, profesor da Area de Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e traductor ó galego desta obra, fala do paradoxo de que, malia a importante presencia da materia de Bretaña na literatura galega, esta sexa a primeira traducción ó galego moderno dun destes clásicos medievais. Ler aquí


Traducir Hutchinson ó galego
Por Kathleen N. March
Sobre a tradución dunha antoloxía de poemas do escritor irlandés Pearse Hutchinson que este verán publicará a editorial Noitarenga. Kathleen N. March, catedrática do Departamento de Linguas Modernas da University of Maine, encargouse, xunto con Luis Martul, da edición e traducción desta escolma. Ler aquí


Unha antoloxía pentalingüe en Alemaña
Por Xavier Gómez-Montero
O libro presentouse no mes de maio na Universidade da Coruña coa presencia de Luís G. Tosar e César Antonio Molina a carón do antólogo e o 27 de xuño no Instituto Cervantes de Munich. Xavier Gómez-Montero naceu na Coruña e dende 1998 ocupa a cátedra de Filoloxías Iberorománicas na Universidade de Tübingen; é especialista en lírica hispánica e recententente elaborou unha antoloxía pentalingue con orixinais en galego, catalán, euskera e castelán xunto coa correspondente traducción ó alemán. En outubro publicará en Alemaña un volume colectivo sobre literaturas minorizadas e conceptos de identidade en España e Portugal do que tamén dará puntual noticia Canal Estudios Galegos. Ler aquí


"From Four to Four". Manuel Antonio en inglés
Por John Burns
Apareceu, traducida ó inglés, a obra máis emblemática do poeta rianxeiro. John Burns, o tradutor ó inglés de Manuel Antonio (De catro a catro e ¡Máis alá!), explica algúns aspectos desta experiencia e a utilidade de empregar ó poeta norteamericano Hart Crane como referente en inglés para a tradución polo paralelismo entre ambos os dous poetas e as súas poéticas. Ler aquí


A tradución e o sistema cultural galego
Por Ana Luna Alonso
Extracto de "A tradución no desenvolvemento do sistema literario en galego. Os cambios de voz de Manolo Rivas", comunicación recollida nas Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos celebrado en La Habana. Ana Luna é profesora de Tradución (francés / galego) na Universidade de Vigo e a súa investigación está orientada cara á influencia das traducións no sistema literario galego. Ler aquí


Nacionalismo e modernismo: Joyce en galego
Por Mª Teresa Caneda Cabrera
A traducción parcial do Ulises ilustra o interese do grupo Nós coas actitudes doutros escritores cara ó nacionalismo. Extracto do relatorio recollido nas Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos celebrado en La Habana. Mª Teresa Caneda Cabrera é profesora de Literatura Inglesa na Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo. Ler aquí


Declaración do Eixo Atlántico
Por Xosé González Martínez
O 20 de abril de 2001 a comisión executiva do Eixo Atlántico aprobou a proposta elaborada pola Fundación Premios da Crítica de "Declaración dos Dereitos Lingüísticos do Eixo Atlántico", que aquí se reproduce integramente. Esta iniciativa pode axudar a supera-lo desencontro históricos entre as linguas galega e portuguesa, máis agora, cando as relacións transfronteirizas están afectar ás relacións económicas. Xosé González Martínez é o presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia. Ler aquí


Retallos
Arte. Historia Oral. Sociolingüística. Literatura. Historia Social. Literatura Infantil e Xuvenil. Conta de recensións críticas e estudios relacionados cos estudios galegos publicados na prensa ou nas revistas de fóra de Galicia. Esta sección está aberta ás vosas informacións. Ler aquí


Canal Estudios Galegos volve o 24 de xullo
Durante os meses de xullo, agosto e setembro Canal Estudios Galegos muda o seu ritmo de aparición e ofréceche tres especiais: un por mes. Entra aquí se queres coñecer os monográficos que preparamos para che axudar a facer máis levadeiro o verán. Os avisos e informacións de carácter urxente aparecerán no Foro de Canal Estudios Galegos. Non esquezas que para recibires a táboa de contidos de cada número, podes subscribirte. Ler aquí


O funcionamento das antoloxías intersistémicas
Por María do Cebreiro Rábade Villar
Sobre a cuestionable inocencia destas antoloxías literarias e a súa incidencia na construcción da identidade. María do Cebreiro Rábade Villar é membro da área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Prepara a súa tese baixo o título A análise do fenómeno antolóxico nun marco teórico sistémico: as literaturas peninsulares. Ler aquí


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: