Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Canal Estudos Galegos – Monográficos (5)

Estudos galegos, remexemos na hemeroteca: A lingüística hoxe

Achegámosvos o número que inclúe o artigo "Planificación lingüística en Galicia", da autoría do actual secretario xeral de Política Lingüística.

Redacción - 11:25 17/07/2009
Tags:

Peneiramos a base de datos de Vieiros para achegarvos documentos de interese publicados neste canal. Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudos Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.


Aquí o quinto monográfico, publicado orixinalmente en setembro de 2002:


Monográfico 5 / A LINGÜÍSTICA GALEGA HOXE
Coord. X. L. Regueira (Profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e Secretario do ILG)
Cando se fala dos estudios de lingüística galega é un lugar común menciona-la súa curta tradición (en comparanza coas grandes linguas romances, nomeadamente español e portugués) e o seu escaso desenvolvemento ata tempos recentes, para a continuación enfatiza-la importantísima expansión destes estudios nos últimos trinta anos. Ler aquí


Entrevista con Johannes Kabatek
Por X. L. Regueira (Do Instituto da Lingua Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela)
J. Kabatek, profesor na Universidade de Freiburg, é un dos investigadores máis firmes sobre lingüística galega no ámbito alemán. Recentemente atopou a traducción ó galego da Bula Ineffabilis. Ler aquí


O Diccionario de diccionarios
Por Antón Santamarina (Director do ILG, membro da Real Academia Galega, especialista en lexicografía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela)
Xa está dispoñible a segunda versión do máis ambicioso proxecto lexicográfico galego. O seu director explica o proxecto e adianta as novidades previstas para as versións 3 e 4. Así mesmo, desde aquí podes ler algúns dos artigos recentes de Antón Santamarina sobre lexicografía dispoñibles na rede. Ler aquí


Planificación lingüística en Galicia
Por Anxo M. Lorenzo Suárez (Profesor de sociolingüística e Director da Área de Normalización Lingüística na Universidade de Vigo)
A planificación lingüística levada a cabo en Galicia tivo un escasa densidade e diversidade debido a unha mestura de motivacións e de causalidades baseadas nas ideoloxías lingüísticas, nos intereses políticos e nas inercias das institucións. Ler aquí


A lingüística histórica galega na actualidade
Por Ramón Mariño Paz (Especialista en gramática histórica, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela)
Panorámica das investigacións recentes sobre lingüística histórica, con descrición de liñas de traballo e adianto de proxectos que se acaban de poñer en marcha. Ler aquí


Os estudios de Gramática
Por Francisco Cidrás Escáneo (Especialista en gramática, é profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela)
Repaso crítico ás publicacións de gramática galega, con especial atención ós traballos máis recentes e as revistas galegas de lingüística. Ler aquí


Os estudios de sociolingüística
Por Gabriel Rei-Doval (Lector de galego na University of Birmingham. Recentemente defendeu a súa tese de doutoramento titulada "A Lingua galega no medio urbano, unha visión desde a macrosociolingüística")
Panorámica das correntes, autores, proxectos desenvolvidos e liñas de investigación nos estudios de sociolingüística galega, especialmente desde a década dos oitenta. Ler aquí


A fonética galega: un presente condicionado
Por Sabela Labraña Barrero (Profesora de Filoloxía Galega e Investigadora do Laboratorio de Fonética, na Universitat de Barcelona)
Percorrido polos estudios de Fonética galega. Veremos como os condicionamentos sociopolíticos influíron na orientación de moitos deles e aínda subxacen na actualidade. Exporanse logo os comezos da investigación experimental no ILG e a situación actual. Tamén se fala doutras tecnoloxías de investigación aínda non aplicadas para o galego. Ler aquí


Centros de estudios galegos nas illas británicas
Por David Mackenzie (Profesor na University of Cork, Irlanda)
Historia dos estudios de galego nas universidades do Reino Unido e Irlanda, que conta cun nutrido número de investigadores. Ler aquí


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: