Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Canal Estudos Galegos – Monográficos (4)

Estudos galegos, remexemos na hemeroteca: Filosofía e Deporte

Deporte e política: as estratexias do poder, Imaxinario deportivo e mundo vivido, Deporte e identidade cultural...

Redacción - 11:00 16/07/2009
Tags:

Peneiramos a base de datos de Vieiros para achegarvos documentos de interese publicados neste canal. Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudos Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.


Aquí o cuarto monográfico, publicado orixinalmente en xullo de 2002:


Mográfico 4 / Filosofía e Deporte
Coord. Aula Castelao de Filosofía. Organizadora da Semana Galega de Filosofía en Pontevedra "Filosofía e Deporte" foi o tema da pasada edición da Semana Galega de Filosofía, (ano 2002), da que fomos dando puntual información desde aquí, cun seguimento diario do que estaba a acontecer en Pontevedra no noso foro. Ler aquí


Deporte e política: as estratexias do poder
Por José Luís Salvador (Profesor de Xestión e Instalacións deportivas no INEF-Galicia da Universidade da Coruña)
Achegamento ó nacemento do deporte e a súa evolución desde o xogo ata a súa manifestación actual como espectáculo, é dicir, a transformación ó longo da historia desde a súa práctica libre deica a mercantilización actual. Resumo do relatorio do mesmo título presentado na XIX Semana Galega de Filosofía. Ler aquí


Imaxinario deportivo e mundo vivido
Por Jean-Marie Brohm (Profesor de Socioloxía na Universidade Paul Valéry-Montpellier III)
Achegamento crítico ó deporte como "relixión atlética" e convertido hoxe en día no opio por excelencia, dominado polo mercantilización e a "lóxica da producción", isto é, a necesidade de bater marcas. Resumo do seu relatorio "Deporte e sociedade: imaxinario deportivo e o mundo vivido" presentado na XIX Semana Galega de Filosofía. Ler aquí


Deporte e pobos: a identidade cultural
Por Afonso Eiré (Escritor, xornalista e daquela director do semanario A Nosa Terra. Poñente e redactor dos primeiros programas deportivos do nacionalismo)
O deporte, ó longo da historia, compórtase como xeito de autoidentificación / diferencia e concíbese de maneiras distinta segundo a cultura na que se insire. Resumo do relatorio do mesmo título presentado na XIX Semana Galega de Filosofía. Ler aquí


Xénero e novos e non tan novos espacios sociais
Por Núria Puig Barata (Catedrática de Socioloxía do Deporte no INEF de Cataluña)
Arredor dos estereotipos asociados ós homes e as mulleres como condicionantes da súa participación no deporte nas sociedades avanzadas. Ler aquí


Construcións deportivas: urbanismo e paisaxismo
Por Xosé Lois Martínez Suárez (Profesor titular de Urbanística na Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña)
Achegamento ó auxe das construccións deportivas en relacións ó desenvolvemento das cidades, cunha valoración crítica do caso galego e unha proposta de recuperación do modelo de cidade europea. Resumo do relatorio do mesmo título presentado na XIX Semana Galega de Filosofía. Ler aquí


Intervencionismo sobre as instalacións deportivas
Por Eduardo Blanco Pereira (Profesor Titular no INEF-Galicia da Universidade da Coruña de Estructura e Organización das Institucións Deportivas)
Análise crítica da Lei 11/1997, de 22 de agosto, Xeral do Deporte de Galicia que permite a intervención da Administración nas asociacións deportivas galegas, entidades de dereito privado. Resumo do seu relatorio "Deporte e política: intervencionismo nas asociacións deportivas galegas" presentado na XIX Semana Galega de Filosofía. Ler aquí  


XX anos de historia da Aula Castelao de Filosofía
Por Aula Castelao de Filosofía
Obxectivos, historia e principais actuacións desta asociación de filósofos e filósofas que conta cunha delongada traxectoria como organizadora das Semanas Galegas de Filosofía en Pontevedra e con moitas publicacións. Ler aquí  


Diante da XIX Semana Galega de Filosofía
Por Carme Adán Villamarín (Coordinadora da Aula Castelao de Filosofía)
Texto de presentación da última Semana Galega de Filosofía, que tiña por tema "Filosofía e Deporte". Ler aquí


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: