Volver a vieiros

O galego no espello

fotos videos
Xunta de Galicia. Secretaria Xeral de Política Lingüística

Buscamos fotos e vídeos que reflictan a transmisión da lingua

Non só de literatura vive o home. As palabras tamén poden ter forma de instantánea ou de imaxes en movemento. Agora que xa pasou o Día das Letras en Vieiros apelamos tamén ao multimedia. Buscamos fotos e vídeos que reflictan ese milagre que a transmisión da lingua (iso que permite que o idioma pase de xeración en xeración e perviva no tempo). Tedes de prazo até o 4 de xullo para facernos chegar as vosas propostas. Os traballos que cheguen para o concurso vanse ir rotando no mosaico superior. Como exemplo, para que sirva de guía, amosamos as obras que gañaron a edición pasada: a fotografía Sacando a lingua a flote', de Manu Lago e o vídeo 'Pelotas' de Alberto Dafonte.

Como enviar fotos ou vídeos

Fotos

Buscamos a orixinalidade. As fotografías non poderán incluír nin retratos de autores ou xente da cultura, nin bandeiras, nin libros, nin letras, nin bibliotecas, nin imaxes de xornais impresos. As fotografías (.jpg, .png, .gif, tif) deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Quedan excluidos deseños e ilustracións. Cada foto virá acompañada dun título e dun texto explicativo cun máximo de 250 caracteres que axuden a contextualizar a imaxe.

Vídeos

Os traballos deberán ter unha duración curta (recomendamos entre un e dous minutos) e en ningún caso debe de sobrepasar os catro minutos. O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. Formato flv a un tamaño de 320x240. A liberdade de creación é total. Ao igual que para a modalidade de fotografía pedímosvos orixinalidade e que procuredes esquecer os tópicos...Polo demais, só ficarán fóra de concurso aquelas creacións que poidan conter ofensas contra terceiros.

Cal será o premio?

Na primeira semana de xullo darase a coñecer o fallo do xurado, que estará composto por un fotógrafo, un videocreador e un profesional que designe Política Lingüística. Unha persoa que escolla Vieiros actuará de secretario, con voz pero sen voto.

O gañador da sección de fotografía recibirá unha cámara Canon EOS-450D, cun obxectivo EF-S-18-55 mm. O de videocreación levará unha videocámara JVC-GZ hd3, que inclúe base e mando a distancia.

Como enviar as obras

Para poder enviar as túas imaxes ou vídeos precisas estar rexistrado en Vieiros.
De precisar contactar contigo, farémolo a través do correo electrónico asociado á túa conta de usuario.

Se xa estás rexistrada/o, podes acceder dende este formulario:




Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Anímate, ti es a re(cámara) do idioma.