Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


LUGAR DOS ROMANZINHOS

Bombardear un campo de concentración

11:30 30/12/2008

“Onde está Abel, teu irmán”

Israel, un Estado economicamente desenvolvido con apoios e influencia directa en países poderosos, moi especialmente nos EEUU. Que se di europeu, participa como tal nos torneos deportivos de Europa e recebe da UE un trato comercial privilexiado. Un Estado constitucionalmente xudeu, argallado riba dun territorio que foi maioritariamente árabe e no que habitan ainda millón e meio de musulmáns. Nese Estado a povoación ignora ou despreza como vive a xente en Palestina, encerrada nun campo de concentración, a un nada de quilómetros de distancia, alén de fronteiras que non deberon existir. Son millóns as persoas que en Cisxordania e Gaza padecen unha situación de apartheid.

Encerrados en Cisxordania por un muro de oito metros de altura, sen teren liberdade para circular pola terra que lles resta; isolados nas cidades e vilas, de Ienin e Qalquilia a Hebrón e Belén, apertados entre a fronteira con Israel e o rio Xordán, para iren a outro lugar a traballar, cultivar os seus campos, asistir a escola ou para visitaren ás familias noutras vilas, os palestinos son humillados en centos de postos de control israelís. Salvo as cidades e as vilas, a terra de Cisxordania está ocupada polo Estado de Israel, e dentro dela vense no alto os asentamentos de xudeus que viven en urbanizacións farturentas pagadas por xente de continentes afastados, chantadas na proximidade de aldeas ou vilas palestinas empobrecidas. En Hebrón, uns centos de xudeus, asentáronse escoltados por 2.000 soldados de Israel, no meio dunha cidade de máis de 150.000 habitantes palestinos que son obxecto de continuas agresións. Os asentamentos xudeus en Cisxordania están unidos por autoestradas, entando que os palestinos teñen que circular por estradas secundarias inzadas de controis armados do exército israelí.

En Gaza a mesma sobrevivencia é un milagre. Millón e meio de persoas malviven con un esforzo atroz, nunha cativa faixa de terra, entre Israel e o mar, lindando abaixo con Exipto. Non son súas nen siquer as ondas que chegan desde o Mediterráneo. Os palestinos por non ter non teñen o direito a sairen de Cisxordania e Gaza. Nos territorios onde moran resulta praticamente imposíbel praticar algunha actividade produtiva relacionada co mundo exterior.

Bombardeando Gaza, o exército de Israel bombardea un campo de concentración. Atacan a xente indefensa que nen siquer ten a posibilidade de fuxir da morte. Estes días mataron a centos de persoas e feriron a muitas máis. Alcanzáronas no meio das nosas festas.

Frente a esta realidade pouco valen outro tipo de argumentos. Sendo certo que de cando en cando se lanzan rockets desde Gaza contra localidades israelís próximas como Sderot, producindo algunha vítima, iso non pode xustificar o bombardeo masivo contra os habitantes dun cárcere colectivo. Estiven non hai muitos meses en Sderot acompañando a unha misión do Parlamento Europeu. Acababa de cair un deses proxectís, por fortuna sen consecuencias persoais. Na mañá do mesmo día, estando a misión en Gaza o exército israeli matara a sete persoas. Nese momento comprobábamos o lamentábel estado dos hospitais do territorio, onde nenos doentes chegaban a morrer por falta de medicinas ou por cortes de electricidade.

En Gaza domina unha organización como Hamás, que non aceita a existencia do Estado de Israel. Non é alleo a esta posición o feito de o Estado de Israel manter unha opresión colonial sobre millóns de palestinos, movido ainda pola idea do Gran Israel, en Xudea, Galilea e Samaria. Israel non aceita nen siquer unha Palestina plenamente independente nos limitados territorios resultantes da guerra de 1967, tal como foi aprobado pola ONU.

Se a división dos palestinos dificulta a procura dunha solución, non se pode esquecer que Israel non aceitou a vitoria parlamentaria de Hamás, un grupo que antes impulsara contra o Al Fatat de Iassir Arafat, nen ocultar que este faleceu depois de vivir encarcerado en condicións inhumanas no pazo presidencial de Ramallah. O proprio descrédito da Al Fatat do Presidente Mahmud Abbas é consecuencia da acción agresiva de Israel e dos EEUU. Os norteamericanos sustentan de facto a ocupación dos territorios palestinos e non axen inequivocamente a favor dun Estado para ese povo, contribuindo así a envenenar o mundo e propiciando a violencia islamista que din combater. A humillación que padecen os palestinos explica mesmo que unha sociedade tan laicizada como a que forman sexa invadida progresivamente por ideas e comportamentos fundamentalistas e por comportamentos contrarios a igualdade de direitos das mulleres.

A responsabilidade do que ocorre en Palestina é en última instancia do Estado de Israel e dos paises que sustentan a súa acción, como os EEUU. Mais tamén o é en grande medida dos Estados da Unión Europea, a Federación Rusa ou os Estados árabes da zona, que non impoñen unha solución xusta a un conflito inficionado.

Ainda que a solución dunha Estado palestino é necesaria e resultará inevitábel, hoxe non existen motivos para a esperanza. A ofensiva do exercito israelí prodúcese no momento das eleicións internas nas que os partidos xogan como sempre a ver quen saca máis peito, quen é máis home, frente aos palestinos e quen conta co apoio dos ultraortodoxos e dos militares. Nos EEUU, que alimentan militar, tecnolóxica e economicamente a Israel, vai asumir a responsabilidade presidencial alguén que xa anunciou que Xerusalém sería a capital dese Estado, sen dar sinais de independizarse do lobby xudeu. A Unión Europea, que fai chegar aos palestinos a principal axuda financeira, especialmente vital en Gaza, podería ter a clave da solución de se atrever a utilizar todo o seu poder político e económico, sen estar submetida aos intereses estratéxicos dos EEUU. En todo o caso, a consciencia dun pasado de crueldade cos xudeus non debería servir nunca máis para xustificar as atrocidades do presente cometidas por Israel contra o povo palestino.

4,85/5 (60 votos)


Comentarios (46)

piorno #1 30/Decembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Óptimo artigo. Mas, que hai da escandalosa venda de armas do Estado espanhol a outro racista e xenófobo como Israel, com as quais é massacrada impunemente a populaçom palestiniana?

Veja-se:

http://www.nodo50.org/palestin...
(em espanhol)

piorno #2 30/Decembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

A censura dos meios de comunicaçom social espanhóis chega a tal extremo que, ao mesmo tempo que mostram imagens dos bombardeamentos, ocultam de maneira dolosa que umha parte deles som perpetrados com armas espanholas.

É completamente inadmissível que os Estados europeus, o espanhol entre eles, vendam armamento a um Estado como o israelita que mostra um nulo respeito pola legislaçom internacional e até pola vida humana.

piorno #3 30/Decembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

E que diriam os corifeus da equidistância se o Estado espanhol, com o pretexto da luita contra o terrorismo e a fim de tirar vantagem eleitoral para o partido no poder, se pugesse a bombardear o País Basco destruindo as suas infra-estruturas e matando indiscriminadamente civis, muitos deles inocentes crianças?

Nom se pode ser de esquerda e nom denunciar a barbárie dos bombardeamentos, do novo apartheid e a constante transgressom da legislaçom internacional.

Nom se pode colocar vítimas e carrascos à mesma altura. E parece evidente quem som as vítimas, encerradas num grosso muro de cimento, impedidas de exercerem os seus mais elementares direitos humanos e assassinadas sem qualquer tipo de julgamento. Só por serem de cultura ou religiom diferente e nom terem tido a sorte de nascer «escolhidos por deus».

Se nos anos 40 as vítimas fôrom judeus, polacos, russos, ciganos, etc. e nom cabia qualquer «equidistância», neste século XXI os novos campos de concentraçom e as novas vítimas também têm um nome.

Barcelos #4 30/Decembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

As veces custa crer que un pobo que sufriu un holocausto practique outro holocausto con outras persoas, que teñen máis dereito que eles a vivir nesas terras que son súas.

O mesmo caso que sofren os indios de Norteamérica, que foron desposuídos das súas terras por alguén máis forte que eles.

E non é unha casualidade que USA estea detrás de ambos os holocaustos.

betuska #5 30/Decembro/2008 betuska
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

...efectivamente agora queda agardar á resposta da Comunidade Internacional. mentres, como sociedade tamén temos moito que dicir, nese ámbito organizacións como Amnistía e Avaaz xa están enviando accións na rede. Ademais, teño noticias de que hoxe en Vigo e Santiago estaban previstas concentracións de denuncia, e que o vindeiro venres estase argallando para que sexa en Coruña. Como se recolle no artigo, con esa análise tan completa e precisa, non son tempos para a esperanza, pero teremos que seguir nese camiño de loitar por facelo posible. Vaia unha aperta de paz para o pobo palestino!!!!

anisio #6 31/Decembro/2008 anisio
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Os Valadés e companhia que ainda ficam no Bng estarám encantados com o masacre de centos de nenos, incluso a armada nazi-sionista embestiu e quase afunde umha embarcaçom de umha ong internacional que levaba ajuda a Gaza. Como é possíbel que um dos partidos que fam parte do bng tenha aínda nas suas fileiras a estes nazis-sionistas que deveria ser a antitese do bng. Como estes que defendem a entidade sionista o portavións do Estados Unidos em Oriente medio, o úneco estado que sim tem armas de destrucçom masiva (armas atómicas) como pode haver em esquerda nacionalista estes infiltrados a soldo do mossad da categoria dos da associaçom de amizade com Israel. Acho que o bng caeu muito baixo e quer ficar bem até co demo, há já muito tempo que é umha organizaçom do sistema amiga de Espanha e dos empresários.

Hermerico #7 31/Decembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Camilo,Que bem se fala quando a ocupaçom acontece longe, quando os torturadores dos que se fala nom andam polas nossas ruas, quando assinalar os fascistas de longe nom implica perigos, quando som outros exércitos ,outras polícias, outro governo. Más quando a cousa muda, todo som unidades de demócratas e firmezas contra o "Hamás" doméstico, porque ante todo está a unidade de espanha, e todas as forças do regime a fazer figura do "agredido" Israel
Novo comentario

XosedeNavia #8 1/Xaneiro/2009 XosedeNavia
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Anisio,por onde andiveches estes ultimos meses?

san-martin #9 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

OS XUDEUS E OS PERRUQUEIROS

Por Tomás Cuesta

-Esta noite mataremos os xudeus e aos perruqueiros.
-E por que aos perruqueiros?

O chiste -que é máis antigo que a tose- segue estando de rabiosa actualidade; ao xeito miserable da dehesa do presente. Tanto é así que valería a pena incorporalo ao repertorio dos titiriteros da lingua que (dentro dun momentito, non se vaian, uns cantos consellos e volvemos) vannos a dar as uvas e a sobremesa. E aqueles que se escandalizaren, benaventurados sexan porque non perderían nin a vergoña nin o oremus. Tan nauseabunda é a campaña antisemita teledirixida polos inquisidores posmodernos que, neste momento, o que che pide o corpo é pór unha estrela amarela no belén para que os señores Magos non se desorienten. Non fora ser que lles quede algunha dúbida do terreo que pisan os seus camelos.
Segundo os que se arrogan a representació n do humanismo e axitan o mondongo da mala conciencia, Israel é o único estado do planeta que non ten dereito a defenderse. Israel é Herodes, metidos en belenes. Un reyezuelo aciago, codicioso e herético que degola criaturas a moreas, expolia aos que están na indixencia e só rende culto ao Deus dos Exércitos. Tal é a imaxe que os mastines do progreso difunden, urbi et orbi, por todas as canles e por todos os medios. E posto que son, a final de contas, os donos e señores do latifundio dos medios (o lati-infundio, sería o correcto), a semente prospera e a mentira medra. En «O discurso do odio», o pensador André Glucksmann expuña unha pregunta que vén, tamén, ao xeito. A santo de que os terroristas palestinos gozan dun status de impunidade ilimitada aos ollos miopes de Occidente? «A violencia neste caso -escribía o francés a guisa de resposta-, xustifícase e, mesmo, acírrase. Non é unicamente que se faga unha excepción, senón que se concede unha exención que lexitima o crime, ou o desculpa, polo menos». Aínda que ninguén se atreva a formulalo o conto é o de sempre: un xudeu morto é un xudeu menos.
Varían os contacontos ou, cando menos, altérnanse. Antes, adoitaban embestir polo pitón dereito e agora cospen veleno polo cabeiro esquerdo. Vai por refachos, depende. O significativo, actualmente, é que os paladins do antisemitismo sexan os valedores do discurso antieuropeo. Porque Israel, por se non o recordan, é o fortín de Europa no Oriente Medio. O ritual prescribe, en calquera caso, que se dite sentenza de inmediato, sen axuizar a causa e sen analizar os feitos. Non é necesario instruír proceso algún, senón aplicar o libro de instrucións ao pé da letra. Israel é culpable por principio, a máis diso a diario.
E, a partir de aí -establecido que un xudeu nunca é inocente-, téntase facer de Gaza un Auschwitz inverso. Os cordeiros de outrora transformáronse en hienas. E os carros de combate do Tsahal -temibles, certo é, como un ciclón de aceiro- asumen a función do Zyklon B, son o punto de gas que inflama a traxedia. O Holocausto está servido, damas e cabaleiros, pasen e vexan os noticiarios das nove. Vexan a un matarife de Hamás coroado de espiñas igual que o Galileo. Non existe, con todo, ningunha aberración que se chegue a extinguir por falta de clientes e o aberrante espectáculo da xudeofobia colgou o cartel de non hai billetes. O drama é real, por descontado; desmesurado o sufrimento. A farsa sanguinaria é a posta en escena.
Quen esconde a man detrás dos raparigos que se encargan de arroxar as pedras? Quen converte aos seus fillos en escudos humanos e aluga os seus cadáveres aos reporteiros? Nenos descabalados, malferidos, doentes. O horror, que inmenso horror, alleo ás fronteiras e aos credos. Ou é que seica rin os nenos de Israel cando choven foguetes? En Varsovia (anota Hillel Seidman en «Du fond de l´abîme», un diario do gueto) a infancia non existía, os nenos non eran nenos, eran, aterradoramente, «xudeus pequenos». A moitos parécelles que continúan séndoo

san-martin #10 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #11 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #12 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #13 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #14 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carballo #15 1/Xaneiro/2009 Carballo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Qué rica y valiosa es la libertad de prensa en un estado democrático que permite dar su opinión hasta individuos como el san-martin. Que se simpatice con el estado sionista de Israel no lo entiendo pero que se vocifere "viva Israel" lo entiendo muchísimo menos. Hay que estar colgado.

ecoe #16 1/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E os miles de manifestantes en I$ra€l contra os bombardeamentos? Vostede semella mal informado

san-martin #17 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #18 1/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Morcego #19 1/Xaneiro/2009 Morcego
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O Sr. san-martin continua a defender o indefensável para quem tem o mínimo de sentido de decência!

Talvez estas imagens lhe pesem na consciência.....se a tiver!

http://www.youtube...

ecoe #20 1/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Para qué falar de duas claves de lectura posible, si somente desenrola a INTERESADA? Non lles abondan as estatísticas para ficar calados?

Vaia descaro!

Morcego #21 1/Xaneiro/2009 Morcego
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Há uma dimensão obscena no ataque a Gaza: as centenas de vítimas dos bombardeamentos israelitas sobre Gaza são vítimas colaterais da campanha eleitoral israelita; para aumentar o seu apoio popular antes das eleições, todos os líderes israelitas estão a competir para ver quem é o mais duro e quem está disposto a matar mais.

Por Michael Warschawski, Centro de Informação Alternativa

"A morte de uma única vítima israelita justifica o assassinato de centenas de palestinianos. Uma vida israelita vale uma centena de vidas palestinianas. É isto que o Estado de Israel e os média mundiais mais ou menos descuidadamente repetem, com questionamentos marginais. E esta alegação, que acompanhou e justificou a mais longa ocupação de territórios estrangeiros da história do século XX, é visceralmente racista. Que o povo judeu aceite isto, que o mundo concorde, que os palestinianos se submetam - esta é uma história de piadas irónicas. Ninguém acha graça..."

John Berger

Enquanto o mundo inteiro está em choque diante das terríveis imagens emitidas de Gaza, a opinião pública israelita apoia maciçamente a sangrenta ofensiva de Barak-Olmert. Isto inclui o Meretz, a oposição de esquerda parlamentar. Apesar de ter manifestado preocupação pelas mortes de civis, o líder do Meretz, Haim Oron, numa entrevista à televisão israelita, aderiu aos argumentos da propaganda oficial, responsabilizando o Hamas pelo banho de sangue. Um discurso mistificador como este está a ser copiado pela maioria dos líderes do mundo ocidental, com o Ministro dos Negócios Estrangeiros de França superando até a Secretária de Estado dos EUA, Condoleezza Rice. Vamos pôr os factos como eles são:

*

Gaza está a ser alvejada pelo exército israelita desde a vitória do Hamas, e o cerco imposto sobre mais de 1,5 milhão de civis - por Israel, mas também pela chamada comunidade internacional - é em si um acto de violência e um crime de guerra;
*

O ataque israelita é uma agressão planeada: de acordo com as notícias israelitas, Ehud Barak planeou o ataque a Gaza já em Agosto;
*

Os foguetes lançados sobre cidades de Israel foram uma retaliação a agressões militares israelitas anteriores, e não foram lançados pelo Hamas, mas sim pela pequena organização Jihad Islâmica;
*

O ataque a Gaza é parte integral da guerra santa neo-conservadora contra o mundo islâmico, e a administração neo-conservadora cessante dos EUA, assim como o Egipto e outros regimes reaccionários árabes, instaram as autoridades israelitas a desencadear a ofensiva antes de Obama entrar na Casa Branca;
*

A intenção declarada de Barack Obama de abrir conversações com a República Islâmica do Irão é uma das principais preocupações das administrações cessantes em Tel Aviv e Washington, e a ofensiva contra Gaza é uma tentativa de provocar uma reacção iraniana que permita a retaliação israelita e dos EUA. Nos últimos dias, o vice-ministro da Defesa israelita, Ephraim Sneh, bem conhecido pela sua obsessão anti-iraniana, vinculou sistematicamente os foguetes do Hamas (sic) ao Irão, sem, evidentemente, apresentar quaisquer provas.

Esta estratégia geral, baseada na mistificação do "choque de civilizações" e na guerra global contra o Islão, é partilhada por todos os partidos políticos sionistas de Israel e explica o apoio do Meretz à actual agressão.

Apesar de não ser de esperar uma mudança rápida da política norte-americana no Ocidente asiático, os líderes israelitas e os seus patrocinadores neo-cons em Washington estão preocupados pela mudança na administração americana, e temem que uma nova estratégia possa quebrar a guerra global preemptiva. O ataque a Gaza é uma tentativa de última hora de mudar as relações de forças no Médio Oriente, antes do fim da era neo-conservadora.

E, antes de concluir, não esqueçamos a dimensão obscena: as centenas de vítimas dos bombardeamentos israelitas sobre Gaza são vítimas colaterais da campanha eleitoral israelita. Para aumentar o seu apoio popular antes das eleições, todos os líderes israelitas estão a competir para ver quem é o mais duro e quem está disposto a matar mais. Ehud Barak, contudo, tem uma memória muito curta, e Shimon Peres pode recordar-lhe que este cálculo cínico não é necessariamente o melhor: o massacre de Qana, que era suposto ter trazido a vitória a Shimon Peres, teve como consequência que centenas de milhares de cidadãos palestinianos virassem as costas ao Partido Trabalhista.

Apesar da sua brutalidade, contudo, Ehud Barak permanece um dos mais populares líderes na arena israelita, e os milhares de manifestantes que saíram às ruas ontem, quase sem convocação, protestando contra o massacre, podem indicar que todos os que estão por trás dele, incluindo o Meretz, não vão receber os seus votos. É previsível que o repúdio internacional e o relativamente amplo sentimento anti-guerra entre os eleitores force o Meretz, uma vez mais, a mudar de posição. Deviam, porém, lembrar-se da antiga verdade que os eleitores preferem sempre o original: quando o Meretz sanciona a estratégia de guerra e as mentiras de Netanyahu, os eleitores vão preferir votar em Netanyahu em vez de na sua pálida e sensaborona cópia.

alpabarda #22 2/Xaneiro/2009 alpabarda
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



alboiando #23 2/Xaneiro/2009 alboiando
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

as seis puntas da estrela de david chegan envelenadas a vieiros.
xustificades a morte e a loita desproporcionada en base a pantasmas de irán e logo aínda dicides que a esquerda define o voso pensamento...

Hermerico #24 2/Xaneiro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Já temos algum cabrom do Mosad emporcando em Vieiros, será o monte de merda do Valadés ou o outro sionista de Neda?

suso #25 2/Xaneiro/2009 suso
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu tenho alguns conhecidos israelitas, o meu relacionamento com eles é profissional, mas também tem um componhente amistoso. Não tenho falado muito com eles sobre a situação política em Palestina (ou Israle, como eles dizem), evito habitualmente essa qustão espinhenta. Ora, quando falamos dela, surpreende-me muitissimo ver qual é o seu ponto de vista.

Não, não são sádicos neo-nazis. Tão-pouco desprezíveis seres desprovistos de sentimentos, aos que tanto lhes tem a morte de duzias de nenos e nenas palestinianas. E muito mais simples. De facto, acho que não podia ser doutro jeito:

Para eles, trata-se de defenderem-se de TERRORISTAS. Sim, é um discurso idêntico ao de Aznar, Rajoy, Rosa Díez, Felipe González, Rubalcaba....mesmo qualquer taxista de Madrid ou senhora ama de casa da Corunha. Há perversos terroristas (não só perversos, ainda pior, fanáticos, retrógrados, inimigos do se próprio povo) e o estado de Israel, que é uma democracia, deve defender-se, não há outra. E lamentam as vítimas, mas é culpa de Hamas e Hizbollah. Se Hamas "deixasse de matar" então já rematava o problema. E os Palestinianos poderiam decidir livremente qualquer cousa. Lembram os votantes do PSOE as duzias de pessoas assassinadas polo GAL? A alguem lhe importou um caralho? Já, não se pode comparar meter-lhe um tiro a um terrorista que bombardear uma cidade...mas o princípio é o mesmo, é so "aumentar a potencia" (também as ações de Hamas são mais duras... E já falando nisso, o nosso governo participou, como comparsa activa (palhaço sanguinhento) em ações similares ás de Israel, quando Bagdad foi bombardeada do mesmo jeito brutal que hoje Gaza. Algúm votante do PP deixou de votá-los, asqueado? Acho que não. Acreditam, igual que os meus amigos israelitas, que era justo bombardear terroristas. Com uma diferência: os meus amigos israelitas, afinal, sofrem algo a violência de Hamas. Os votantes do PP, nunca sofreram um ataque de Sadam Hussein.

san-martin #26 2/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #27 3/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



AGIL #28 3/Xaneiro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Perante a irracionalidade dos estados (israel, usa, ue, ...), apenas nos resta protestar e, infelizmente, ser testemunhas de um novo e mais grave holocausto levado adiante pelo povo "eleito" que padeceu ao longo da história tantos holocaustos; o último, pelo nazis.
Mas é que, vendo o que estamos a ver, mesmo me explico que esse povo "eleito" padecesse todos os holocaustos... Não é digno de viver dignamente quem (israleita) não deixa viver dignamente os seus semelhantes (palestinos).

ecoe #29 3/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non é nada san o asunto, e menos que un exército avise tres veces. Vaia cachondeo xogar cas vidas inocentes das xentes ATRAPADAS DESDE ANOS HAI!!

Acho lóxica a visión dos isra€lian*$ do "!! Terrorismo" !!, mais porqué non lles preguntas de ónde son, ónde viviron antes, de qué cultura proviñan, cómo vivir ENRIBA ou SOBRE un pobo qsue era dono ate hai nada das terras e cidades que eles pisan? Pergúntalles tamén por cál efecto hai hoxe CINCO MILLÓNS de palestinian*s concentrados nos países limítrofes (acaso criados para iso, Xordania?), etc, etc. Porqué hai ex-xudeus exiliados fóra de I$ra€l, por qué Finkelstein fala do negocio do holocausto, etc, etc.

Deixaralos preocupados, si, ademáis, lle dis que eso pensamos moitas xentes.

Gaviotero #30 4/Xaneiro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



san-martin #31 4/Xaneiro/2009 san-martin
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



ecoe #32 4/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Haberá moitísimos pontos de vista mais unha soia realidade, a qsue é: OCUPACIÓN, 2000 persoas feridas, 480 ASASINADOS POLAS FORZAS I$RA€LIANA$ OCUPANTES, ....e CINCO MILLÓNS DE TERRORISTAS!!! NOS PAÍSES LIMÍTROFES!!

Cóntame abó outra vez que non me quedou!!

DoutorEsweider #33 4/Xaneiro/2009 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O san-martin debe de deixar de facer apoloxia do xenocídio en Vieiros

Vakaloura #34 4/Xaneiro/2009 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O estado sionista de Israel nace coa desidia e conivencia de occidente. Sentiase occidente culpábel do holocausto nazi? O sionismo é tan nazi como o propio Hitler e para crear o estado de Israel non dubidou en utlizzar técnicas verdadeiramente terroristas. E mesmo leva un odio étnico no seu ventre. E velaí, Palestina condenada a ocupar o mesmo territorio, fica abandonada á súa sorte pola sempre hipocrisía da mal chamada comunidade internacional, a cal sempre obedece silandeira aos dictados do poder económico e político. Non dubido que Hamas sexa unha organización terrorista, pero iso non implica que Israel sega a violar sistemáticamente os dereitos humanos e convirta a Gaza nun verdadeiro campo de exterminio coa morte indiscriminada da poboación civil. Para rematar direi que me da noxo un tal Gómez-Valadés, (Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel) tratando de xustificar un xenocidio facendo boas as verbas do criminal George W. Bush. Por cinismo que non quede. Xa sei que hai moitos xunta-letras que fan demagóxia e incluso gañan moitos cartos á conta da barbaridade, pero; Sr. Valadés; hai cousas que son imposibeis de agochar e que todos estamos a ollar. Non se pode tapar o sol cun dedo.¡Arrepiante!

Hermerico #35 5/Xaneiro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hamás é umha organizaçom terrorista? És um débil mental. Israel é umha organizaçom terrorista, imbécil alienado

AGIL #36 5/Xaneiro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Até certo ponto san-martín e gaviotero têm razão: O massacre de Gaza não é único; há muitos mais em quase todos os estados.
Em particular, o reino de españa, tão democrático ele, não massacra os seus súbditos, embora sim tenha Gazas peculiares, cultural e linguisticamente encurraladas, como Catalunha-País Valenciano, Galiza e Euskal Herria.
É certo: O reino não mata nem com bombas nem com tanques, mas procura extinguir nações, porque unicamente existe (é a proclama) uma só "nación", a que o estado-reino bourbónico assume.
Portanto, parcialmente tenho de lhe dar alguma razão ao san-martín e ao gaviotero.

xan_78 #37 6/Xaneiro/2009 xan_78
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

yo me parto con Vieiros y toda la hipocresía en la que viven junto con todos los analfabetos que andan por aqui...

que cojones es toda esta patraña? vieiros volcado con Gaza, las ciudades empapeladas con carteles de "Galiza con Gaza" ?¿, manifestación de cuatro paletos el sábado en Vigo en defensa de Gaza.

¿Pero como sois capaces de ser tan hipócritas y quedaros tan anchos?

haceis toda esta mierda desde la comodidad en la que vivís para lavaros la conciencia?

Israel son los malos y los otros no? No ponen a niños y mujeres en los edificios para no ser bombardeados? No mandan niños a las trincheras?

Cualquier persona, con un cerebro mayor que un niño de 5 años sabe que en el mundo real no hay buenos y malos, y que la solución es decir estos son los malos...todos son la misma peste!

dejad de lavaros la conciencia! hipócritas!

creced!

bertus #38 6/Xaneiro/2009 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O sionismo é contrario á esencia do xudaismo (Sholem).

bertus #39 6/Xaneiro/2009 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://books.google...

DoutorEsweider #40 6/Xaneiro/2009 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

xan_78 és parvo. Se cadra no mundo non hai bós e malos, pero sí hai parvos e menos parvos. Tí és dos primeiros. Só un dato para que reflexiones (se sabes): Gaza ten menos superficie que o concello de A Fonsagrada, e a lí moran sen poder sair (grazas aos teus amigos o sxudeus) millón e médio de persoas. Bombardear por terra, mar e ar e logo non querer ver os inevitábeis efectos desa decisión asasina é própio de mentes moi moi moi simples ou moi mal intencionadas. Ou das duas cousas.

vilaespesa #41 6/Xaneiro/2009 vilaespesa
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

non podía estara máis de acordo con #DoutorEswider, o que ocorre en Gaza en unha limpeza étnica. Pasa que o estado terrorista xudeu e un estado fundado sobre unha base relixiosa pero fundamentalmente étnica, e saben que a arma de Palestina é a demografía, ao ritmo actual de crecemento da poboación en Palestina mui pronto papan ao xudeus, os xudeus son cosciente desto e polo tanto recorren a aniquilación dos palestinos. Mentres tanto os gobernos europeos cooperan co estado terrorista de Israel, pero ao final a causa de Palestina vencerá
http://feneconcello.blogspot.c...

surenho #42 6/Xaneiro/2009 surenho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A min o de Israel con Palestina lémbrame moito o que pasaba na racista suráfrica; non deixa de ser curioso que eran réximes aliados incluso nos planos de desenvolvemento de armamento nuclear, hoxe abandonados no país africano desque rematou o apartheid.
Muros que rodean os bantustanes na Cisxordania. Distintos carnés de identidade, mesmo distintas mátriculas dos coches (distintas cores, hoxe a amarela é a que vale, a verde é como levar unha estrela amarela na alemania nazi). Emprego da man de obra barata para termar da, aínda así, má economía israelí. Milleiros de presos nos cárceres sen xuizo, uso da tortura, etc.
A estrela de David non é que teña as puntas envelenadas, é que na práctica son chafarís de sangue. Non quero entrar en disquisicións sobre o sionismo, porque acho que non aportan nada ao debate; cada quen ten dereito a reivindicar a súa nación e o seu proxecto, guste ou non; para palestinos e para israelitas. Máis a realidade dende hai sesenta anos é a mesma que hoxe: un pobo vese expulsado da súa terra e cando non vese preso nela. Eis a realidade, e non se trata de ser anti ninguén.

maaneskinn #43 6/Xaneiro/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Outravolta poñendo no mesmom plano á víctima e o verdugo.
Outravolta xustificando as barbaridades por eles vividas coa excusa do victimismo xudeu (ninguén nega a súa persecución).
Outravolta acusando a David de ser un terrorista-asasino que tira pedras ao poderoso Gloat armado até os dentes coa máis moderna e mortífera maquinaria bélica.
Outravolta esquecendo a orixe do conflicto, goste ou non, xerada en Europa coa concesión dun territorio no que vivía unha poboación que de súpeto, "aahh, se siente", é desprazada das súas terras para solucionar conflictos de orixe europea-occidental.
Mais a realidade é evidente: morren persoas a eito baixo fogo "legal". Incríbel. Por menos, por nada diría eu, invadiuse Irak e machacouse un país e unha poboación de centos de miles de seres humanos, co beneplácito da ONU e bastardos como os dos Açores.
O mundo ao revés.
E namentras, Solana, Bush-Obama, ONU, Rusia...asubían e non se escandalizan,. Abofé, será o sino dos tempos??
É que a barbarie nunca vai acougar???

migueIanxo #44 6/Xaneiro/2009 migueIanxo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Palestina vencerá!

Felipedodro #45 7/Xaneiro/2009 Felipedodro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Algo que ven sendo cada vez mais habitual nos últimos anos e que me enche de indignación e de carraxe é que se empregue o termo "terrorismo" para xustificar calquera acto de barbarie, xa sexa a masacre de chechenos, kurdos, palestinos ou provocar dúas guerras (Afganistán e Irak) que lle custaron a vida a centos de miles de persoas (a grande maioría civís inocentes). Acaso os gobernos de moitos países non levan a cabo actos que poderían calificarse de "terrorismo de estado"? Non resulta dunha hipocresía insultante chamarlle "defensa" a este tipo de actos sádicos e xenocidas?
No caso concreto do terrorismo palestino temos que puntualizar:
A xustificación do estado de Israel para invadir a franxa de Gaza (que en realidade é un ghetto na que sobreviven 1.500.000 persoas en 360 km2, sendo a área con maior densidade de poboación do mundo, e xa moi castigada polo bloqueo israelí) é o lanzamento de cohetes Hasan sobre territorio israelí por parte de Hamás. O que moita xente non sabe é que eses cohetes non son "misiles" como lin por ahí nalgún comentario, senon rudimentarios artefactos de menos potencia que algúns petardos dos que se empregan nas Fallas valencianas, e mais inofensivos ca un salivazo. Por poñer un exemplo, levan morto tantos israelís por "fogo amigo" dende que comezaron os recentes ataques sobre Gaza coma por causa do lanzamento destes cohetes dende que Hamás controla a franxa, o que, por outra banda, nos da unha idea do indiscriminado que está sendo o bombardeo israelí.

Noutro contexto, a creación do estado de Israel é responsabilidade da ONU en xeral e dos EUA en particular, país que acolle a maior comunidade de xudeus do mundo (maior que a de Israel) e principal precursor da creación de dito estado, ademais de socio incondicional e provedor de armamento de Israel. Dende a súa existencia, Israel invadiu (ou tentouno) os Altos do Golán a Siria, a Península do Sinaí a Exipto, o sur do Líbano e foi invadindo pouco a pouco os territorios nos que quedaran confinados os palestinos, moi especialmente Cisxordania, onde o exército desaloxaba e destruía as vivendas dos palestinos para construir asentamentos de colonos xudeus, facéndose deste xeito cunha parte moi importante do territorio palestino. Isto danos unha pequena mostra (porque hai moito mais) da política seguida polo estado de Israel e o protagonismo dos conflitos bélicos na mesma, sempre co beneplácito do seu socio protector, os EUA.
O indignante de todo é que cada vez que se critica ao estado de Israel salta a palabra "antisemita". O antisemitismo foi unha lacra que perseguiu históricamente á comunidade xudea na diáspora, pero hoxe en día está totalmente en decadencia, a excepción dalgúns grupos de neonazis descerebrados. Pero o que si está cobrando forza é o "anti-israelismo" ou "antisionismo", vendo o historial do estado de Israel, as mentalidades de extrema dereita dalgún dos persoaxes mais destacados do Likud (algún incluso admirador de Hitler, non é broma) e a impunidade coa que masacran coa complicidade americana.

Os que apuntan que os dous bandos teñen a súa responsabilidade teñen razón só en parte. O terrorismo palestino non é mais que a consecuencia dun conflito latente no que a desigualdade, a inxustiza e as sucesivas masacres totalmente desproporicionadas se van cebando cada vez mais cunha poboación civil que pouco ou nada ten que ver co conflito.
O seguinte título dunha das intifadas resúmeo todo: "PEDRAS CONTRA BALAS"

laurinha #46 9/Xaneiro/2009 laurinha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Amigos e amigas, o sábado todos às seis da tarde a manifestar-nos.


Gostei muito do artigo e fiquei ainda mais impresionada ao olhar que na
Galiza há quem cobra do Mosad, todo pola pasta.

eis um video pro-judeu a favor dos assentamentos judeus em Hebrom -cisjordánia- num momento- ve-se uma pintada judea e que cousa dis:

arabs gaz.

Triste que Eichman venha a trunfar, depois de executado em Israel

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Camilo Nogueira

Camilo Nogueira

Camilo Nogueira Román naceu en Lavadores (Vigo) en 1936. Enxeñeiro industrial e economista, foi eurodeputado polo BNG entre os anos 1999 e 2004.



Máis opinións