Hai xa tempo que a política deixou de ser unha actividade a tempo parcial de románticos sociais que corrían diante de grises e verdes por defender palabras grandes, abstractas, etéreas. Aquí e agora xa só se corre detrás do pan noso de cada día, e aqueles enfermos de hipersensibilidade social que aínda seguen en pé amolecen lembranzas e frustracións nos recantos mais sombrizos das tabernas sen que ninguén lles faga caso.
Porque a política converteuse nunha profesión mais, á que xa só lle falta o epígrafe correspondente no censo nacional de actividades económicas. E xa é hora de concederllo, para que cando a un político lle preguntan pola súa profesión, el poida contestar sen rubor: “político”. Coma se fose carpinteiro, barbeiro ou cantante de ópera.
A política ten un mercado propio, consolidado e sen ameazas de recesións no horizonte. É o que se di unha profesión de futuro. Polo lado da oferta conta unha forza laboral ampla e abnegada, disposta a traballar arreo e sen reloxo coa esperanza de subir chanzos na profesión, estudiando e facendo prácticas nas escolas preparatorias (Xuventudes Socialistas, Xuventudes Populares, Galiza Nova). Polo lado da demanda, o mercado político presenta una situación oligopólica con tres grandes empresas (PPsa, PSOEsa, e BNGsa) que absorben a case totalidade do negocio, deixando só unha cota marxinal para pequenas empresas INDEPENDENTES, sl todas, xeralmente de vida curta e axitada, a metade fundadas por resentidos que foron botados dalgunha das grandes, e a outra metade por indecisos que aínda non saben en cal das tres grandes acabarán entrando.
A política merece un respecto e un epígrafe no CNAE, porque como dixo o outro día no parlamento un home pequeno, a política é aquela actividade na que a cambio de tres patacóns un deixa o pelexo para facerlle a vida mais levadeira ós demais. E foi por iso que tivo que montar unha empresiña de nada para arrapañar os pingues beneficios que lle negaba a súa profesión. Non lle deades voltas ó asunto: o que é listo, é listo para todo.
Benvido a comunidade de Vieiros "padriño". Coma sempre un "10".
fdo: o presentador do venres
Parabéns polo artigo. A este país faille falta retranca. Non vos riades que o conto é ben triste.
Pois de parte "dun que aínda segue en pé", pero que non son nin resentido nin indeciso, que saibas que "Outra política é posible", unha "política sen políticos", na que a res pública e a soberanía volvan a mans do pobo. E se non, vai ver http://www.d-3.info ;-P Porque ou é agora ou xa non haberá nada que "gobernar" :-(
¿pero ti non estas no consello de administracion de BNGsa de Lalín? non acabo de atopar a retranca no teu artigo.. ¿por que pos en maiusculas independente? ¿é por ti? ¿e que xa saiches do consello local do BNGsa de Lalín?..
Alberto, todo o mundo sabe que o ÚNICO que sabe manexar a retranca -e outras cousas- es ti
certo salvora. son único, manipulador, egocentrico, malomalisimo, perigoso, taimado, ruin, con plans segredos de domiñar o mundo e todo o que ti (e "amiguiños") queiras, pero... ¿e as preguntiñas que fago? ¿ti eres dos que matan o mensaxeiro?
e por certo salvora, segun a tua ficha dicheste de alta so 6 minutos antes do teu comentario. Para respostarme.. jo, que importantes deben ser meus comentarios...
Supoño que habería que cambiar o sistema de partidos, xa que hoxe en día está desfasado e cada vez representa menos á sociedade.
Por certo, e falando da retranca, que é iso de que "dixo o outro día no parlamento un home pequeno"... se fose negro tamén escribiría vostede "dixo o outro día no parlamento un negro"
Todo o que fas é importante. A respecto da miña alta, utilizando unha frase dun meu amigo "son boticario e fago o que me peta"
excelente artigo!
Iso da política é moi "romántico" e moi "envelesábel" pero claro o decides "vostedes.....". Eu son un amante da política pensada, deseñada, parida, concebida e "absolutamente prostituída" ó pobo. É este último o que ten que facer uso, desuso, abuso e desabuso da política porque calquer política non pensada, deseñada, concebida, parametrizada, "customizada" pra ó pobo é inútil (e se non o é, o pobo a fará inútil) porque eiquí o único que é soberano, independente, vital, decesivo, inquisitivo e determinante é o #~$%& pobo (esto de escreber nun portátil é complicado, faltánme letras...)
José Luís Sucasas Fernández naceu en 1959 en Cadrón(Lalín). Economista e enxeñeiro técnico informático, concurriu en 2003 e 2007 nas listas do BNG do seu municipio. Como escritor publicou dúas obras: O paxaro que ninguén ve (2002) e Soñaron buratos na terra (2003).