Durante a longa noite na fraga, supoño que foron moitas as ocasións nas que botei pestes contra os sinais de nepotismo, amiguismo ou política clientelar, que se vían aquí e acolá no vasto e tupido imperio. E tamén supoño que noutras tantas ocasións tiña claro un futuro alternativo de contratacións públicas baseadas na capacidade e na igualdade de oportunidades. Pero agora que chegou a hora de levar á práctica aqueles firmes propósitos teóricos, vai e asáltanme as dúbidas.
Porque se eu pretendo ser fiel ós principios antes mencionados moito me temo que vou seguir contratando ós mesmos. ¿Por que? Porque despois de dezaseis anos de práctica clientelar hai empresas e profesionais que acadaron unha posición de privilexio fronte ó resto dos posibles competidores: aquelas medraron e fixéronse fortes, estes adquiriron fama e prestixio, e ámbolos dous accederon ó coñecemento das reviradas congostras dos edificios públicos. Así as cousas, se eu aplico de xeito estricto aqueles principios soñados, e só aqueles, voume atopar con que as empresas e profesionais favorecidos na época fraguiana van presentar as mellores ofertas (porque elas poden e eles saben). E como eu debo mirar polo peto dos administrados, pois tería que concederlle as contratas de obras e servicios. A non ser que introduza un novo principio que pondere o resultado dos outros dous.
Axiña atopei un, que ademais está moi de moda, é dicir, que é politicamente correcto. Coñécese como a discriminación positiva, e dende a entrada no goberno estatal do señor Zapatero xa se ven aplicando en varios frontes. Tal e como eu o vexo e interpreto, trata de garantir que a igualdade de oportunidades sexa efectiva e real. Porque de nada serve que todos poidan participar na carreira se uns levan zocos de bídalo e outros calzan addidas supersónicas.
Así que, unha de dúas: ou adiantamos ós que van detrás (mantendo parados ós de diante), ou atrasamos ós que van diante. Nos dous casos estariamos ante discriminacións, aínda que de diferente tipo: positivo no primeiro e negativo no segundo. E postos a escoller, paréceme que a opción menos escandalosa e mais doada de poñer en práctica é a discriminación positiva. Ademais, xa o filósofo holandés Van Gal dicía aquelo de “Sempre positivo, nunca negativo”.
ufff...
Supoño que o máis complicado é determinar qué empresas se discriminan positivamente e qué empresas o fan negativamente... O que quere dicir é que as empresas que foron contratadas sucesivamente pola administración nos últimos anos deben ter unha penalización? Cantas administracións? Ou só as dunha determinada cor política?
Creo que hai algo moi negativo nesta forma de pensar, e é adscribir as empresas a ideais políticos. Se se formula en termos de números de contratos (poderán participar en réxime de libre competencia todas as firmas que non recibisen máis de X contratos desta administración nos últimos 5 anos ou que a suma do volume contratado nestes 5 anos non fose superior a X euros) podería estar ben. Incluso moi ben, porque estimularía os negocios entre empresas, e non das empresas coa administración.
Pero témome que, coa facilidade que hai pra crear empresas distintas, ao final sería unha medida inútil.
E se optasemos simplemente por dar os contratos públicos ás empresas que cumplan mellor os requerimentos do concurso público? e se probasemos a conceder a construcción dunha autovía á empresa con mellores enxeñeiros, mellor proxecto, mellor orzamento, mellores condicións laborais para os operarios da obra, etc.? e se contratamos para as galescolas os mellores profesionais do ramo da pedagoxía que seguen a emigrar a Madrid, Extremadura, Castela, etc.? e se vivisemos nun país con políticos honrados que buscasen o mellor para o país? que pasaría se vivisemos nun país así?...
Completamente de acordo co comentario de Cesare: aquí chupan os bloqueiros como os que máis. Quítame tu para ponerme yo e a vivir.
e este que é, moi amigho de cuíña???
Propor actuar na liña que marca emigrado en #2, non é o que apuntaban estes dende a oposición??
A frase :"agora que chegou a hora de levar á práctica aqueles firmes propósitos teóricos, vai e asáltanme as dúbidas.", évos ben clariña.
Por desgraza, postos a enchufar neste país non se salva nin a caridade. É para analizar o asunto un pouco en serio.
"...vai e asáltanme as dúbidas". ¡Manda truco, o que hai para ler neste Vieiros do 2007!
De seguro que hai unha recua de dúbidas á espreita para lle asaltar, señor Sucasas. Tómelle algo para esa tranca de inxenuidade aguda que ten, home!
As mesas de contratación son unha figura administrativa que parece que funciona como debe nos contratos "del chocolate del loro".
No resto, a única "discriminación" que se fai é o "ROI", o "retorno de inversión", en metálico (via doazóns ou asimilables, que as campañas electorais van moi caras, teñen que enganar ou levar ao rego a moita xente) ou en poder ou "expectativa de poder" (que o chollo político é efimero, e para despois hai que ter contactos agradecidos nas altas esferas que che busquen un bó posto).
Non teña tantas dúbidas, señor Sucasas. Sexa algo mal pensado, e acertará!
O que plantexa o señor Sucasas, ó meu modo de ver, é como enfrontar o tema da contratación pública por parte do goberno tripartito. O asunto merece esta e moitas outras reflexións, xa que non se trata de "calderilla".
Señor Sucasas, siga tendo dúbidas e siga a transmitilas. Non me fio xa moito dos que teñen todo moi claro.
¿En que estaría eu pensando ó chamarlle tripartito ó bipartito?
Non teño todo moi claro, pero algunhas cousas sí. E, por suposto, benvidas as dúbidas!!
La discriminación, por mucho que nos la intenten disimular con "positivismos" es siempre una discriminación.
Por supuesto, Gaviotero, como la discriminación positiva en el mercado laboral respecto a las mujeres, a los jóvenes....
Totalmente en desacordo. Hai que manter os principios de obxetividade, aínda que hoxe non compitan en igualdade, seguro que nunha serie de anos aplicando criterios xustos e obxectivos chegaremos a normalización... no desespere señor Sucasas
A propósito da discriminación positiva.
Empezando polas oposicións nos medios de comunicación pública.
O que faran coas empresas....
SINDICATOS QUE PROMOVEN A PRECARIEDADE NOS MEDIOS PÚBLICOS.
os sindicatos e a dirección da rtvg xa se puxeron de acordo así que CIG, UGT E CCOO descansan tranquilos despois de asegurar que os seus afiliados estarán ata a súa xubilación ocupando unha praza pública.
unha vergonza!
con este acordo olvidádevos de acceder as prazas os periodistas que non teñades traballado nos medios públicos pois sen estes puntos non tedes nengunha oportunidade.
pero aínda máis, é tan vergonzoso o trato (ou escandaloso) que tampouco se baremará o traballo dos compañeiros que levan traballando para rtvg dende tempos inmemoriables (incluso máis de 15 anos) a través dunha productora.
VIVA A PRECARIEDADE PROMOVIDA DENDE UGT, CCOO E CIG.
José Luís Sucasas Fernández naceu en 1959 en Cadrón(Lalín). Economista e enxeñeiro técnico informático, concurriu en 2003 e 2007 nas listas do BNG do seu municipio. Como escritor publicou dúas obras: O paxaro que ninguén ve (2002) e Soñaron buratos na terra (2003).