Hai trinta anos a filiación política distinguíase ó lonxe: os azuis eran ghuapos, sofisticados, vestían traxe e gastaban gomina; os roxos, non é que foran feos, pero si un chisco descoidados, coma se confiaran a cegas na beleza natural (eu son da teoría de que os roxos ganaban moito espidos e de aí a explicación de certas cousas incribles) e, por suposto, o traxe só coa escopeta do sogro nas costas; e por último, os nacionalistas (subespecie dos roxos), que elevaban a faísca dos manichos á esaxeración, ata converterse en especímenes esperpénticos e basicamente feos (uns mais que outros, claro).
Trinta anos despois a cousa é ben outra. O imperio Zara unificou a vestimenta duns e outros e o ColaCao fíxonos a todos mais altos e mais ghuapos. Hoxe por hoxe a fasquía xa non determina nin define a marca política do animal. Así que, non hai outra que agardar a que abra a boca e fale palabras para situalo aquí, ou alá, ou acolá (os do BNG estamos sempre acolá).
Pero se a aparencia se fixo unha, a esencia leva o mesmo camiño. Azuis, roxos e nacionalistas utilizan case as mesmas palabras e fan con elas as mesmas frases case. Agás no asunto da terra que consideramos nosa, no que os últimos se diferencian clara e nitidamente dos dous primeiros, no resto dos temas hai consenso no fundamental. E o fundamental é a economía, o “peto”. Os roxos abandonaron definitivamente o soño da planificación centralizada e os azuis o soño dunha sociedade liberal. A cambio de vivir o resto dos seus días en amor e compañía nunha economía social de mercado, onde azul e roxo desaparecen para dar vida a unha nova cor: o maxenta. Se ti comes algo de mercado eu cómoche algo de estado, e comemos do mesmo prato. Ou algo así.
E son felices no sistema os uns e mailos outros, porque ámbolos dous saíron gañando no troco (condición sine qua non do intercambio económico): os roxos precisaban MERCADO que lles dera riqueza, porque a pobreza non dá para moita repartición; e os azuis querían ESTADO que lles dera poder, xa que un político sen orzamento é coma un xardín sen flores.
Os azuis que eu lembro nom eram liberais, nem no económico, nem muito menos no social. O franquismo era tremendamente estatalista, como qualquer fascismo, e queria, debecia mesmo, polo estado. E os seus herdeiros seguem a querer um estado forte, mas controlado por eles.
¿Queres dicir que estamos indo todos polo camiño do medio?
O caso é que eses dous "bandsos" políticsos son quenes son felices medrando ás nosas costas, que non aturamos máis a ningúns deles. Que se vaian pra o c....!
e os nacionalistas (ou subespecie de roxos_cito as suas verbas), onde estarán?
Seguramente no dourado termino medio, porque eles, como teñen a verdade absoluta ( e chegan a creelo) sempre están donde hay que estar...
Veña, simplismos, os menos .
Anxos, para simpleza a túa, xa que Sucasas mete a nacionalistas, roxos e azuis no mesmo saco. "Azuis, roxos e nacionalistas falan case as mesmas palabras....". Hai que ler con calma e non opinar de maneira "simple", porque senón nótase moito o plumeiro...
penso que es ti o que non leiches ben. Lee con mais calma, fixandote nos puntos, comas, etc, e entenderás a mensaxe mellor.
Texto:"Azuis, roxos e nacionalistas utilizan case as mesmas palabras e fan con elas as mesmas palabras case. Agás no asunto da terra que consideramos nosa, no que os últimos se diferencian clara e nitidamente dos dous primeiros, no resto dos temas hai consenso no fundamental."
O que quer dicir é que (por desgracia) se analizamos o mundo "globlamente" (coma nos peden moitos ós nacionalistas) é que estamos total e absolutamente "empregnados" pola cultura americana, nen Europea, nen Española, nen Galega... é increíbel que estemos deseñados todos polo mesmo sástre... (máis ben unhan pena) porque veremos dentro de vinte anos en que se parece a miña vida (ser parido en Rianxo, emigrado á Coruña pra poder comer..) á vida de Sensación de vivir ou O.C. (ó mellor é que son máis ghuapo do que son e aínda non me mirei con ghomina ó espello....), rídiculo ¿non sí? é que cando se traduce todo ó noso é máis "extraño"...
José Luís Sucasas Fernández naceu en 1959 en Cadrón(Lalín). Economista e enxeñeiro técnico informático, concurriu en 2003 e 2007 nas listas do BNG do seu municipio. Como escritor publicou dúas obras: O paxaro que ninguén ve (2002) e Soñaron buratos na terra (2003).