Estes días celébrase o debate de investidura do candidato do PSOE Jose Luis Rodríguez Zapatero á presidencia do goberno do Estado. Despois da súa vitoria electoral e a evidente derrota do Partido Popular (xa se sabe a teoría dos vasos comunicantes entre estes dous partidos, o que é un éxito para un é un fracaso para o outro), temos un novo escenario político no que as alianzas que propoñan os socialistas españois cos respectivos grupos da oposición poden ser fundamentais para o posicionamento político dalgúns partidos en xeral, e do BNG en particular, na gobernabilidade do Estado español.
O BNG planificou as eleccións xerais como unha oportunidade da súa formación, e polo tanto de Galicia, de ter unha verdadeira influencia en Madrid que se reflicte nas inversións do Estado no noso País, e ao mesmo tempo unha demostración da capacidade do nacionalismo galego de transmitir á sociedade galega un proxecto no que a formación de Anxo Quintana mostre a súa capacidade, disposición e potencial para algún día chegar a ser a foza principal na estrutura política de Galicia.
Existe un forte debate interno nesta formación sobre se os obxectivos foron acadados ou non. Hoxendía a dirección do partido vendeu ben a imaxe de éxito polo respaldo acadado, e transmite a potencialidade dos seus votos no parlamento español. Tendo en conta que durante a campaña sí existía un medo a unha baixada importante a favor do chamado “voto útil” a prol do PSdeG, o resultado pódese vender como mediáticamente bo, mais eu teño as miñas dúbidas de que así fose, pois dame a sensación que o BNG cumpriu máis que outra cousa. Voces críticas tan autorizadas como as de Camilo Nogueira ou o propio Bautista Alvarez sairon ao paso advertindo do espellismo deses resultados, falando do “camiño potencialmente destrutivo” que toma o BNG aceptando ser un partido “minoritario” subordinado aos partidos estatais, documento que presentou no consello nacional hai poucas datas.
Nesta columna xa me pronunciei varias veces a favor da figura de Quintana. É un político de corte moderado e polo que se ve integrador, pouco crispador e aparentemente cunha obsesión de servizo a Galicia por riba de intereses partidistas. Desexo que a influencia que cre ter acadado na “Villa y Corte” nos leve máis alá de apoios tan prescindibles como o que lle fixo a unha figura tan reprobable para Galiza como é a Ministra de Fomento Magdalena Álvarez a cambio de máis ben pouco. Quintana ten que ter en conta que temos un escenario de eleccións no País en pouco tempo e que o PSdeG ten que xogar tamén as súas bazas e ambas formacións comen en "potes" de votos moi similares. ¿Ate qué punto as hordas de Pepe Blanco permitirán que o BNG dea a imaxe de ser a forza que conquire os investimentos para Galicia? ¿Ate qué punto pode deixar o PSdeG que o seu socio no Goberno galego incremente unhos potenciais votos ou escanos que perfectamente poden ir tamén para os socialistas dende a súa visión?. Non nos trabuquemos, difícilmente o PSdeG deixará que eso suceda polo menos ate a cita electoral galega.
Dí Quintana que o BNG está en condicións de converterse no proxecto de referencia para tódolos galeguistas, e así o subscriben membros desta formación cos que teño posibilidades de conversar sobre o futuro dese conglomerado de partidos. Tamén está o sector ao que lle provoca proídos esta política de centrar a formación frentista. Acusan á dirección de querer ser unha nova Coalición Galega alonxada do purismo e o adoutrinamento da UPG, como ate o momento. Recoller votos de galeguistas descontentos do PP e daqueles que estando no PSdeG consideran que os socialistas non asumen o discurso galeguista (Suso de Toro dixit en El País) é o obxectivo primeiro, conquerir unhos resultados similares polo menos aos do 2001 (17 deputados polo menos) o seguinte. Mais eu fago unha pregunta: se o BNG prevee subir catro escanos polo menos e o PSdeG unha suba significativa loitando por ser a primeira forza de Galicia...¿entón qué vai pasar co PPdeG?, pois iso… xa saben.
Estamos no eterno debate, e é certo que dende que o BNG tocou a Xunta hai dúas pulsións: unha que pensa que é preciso centrarse (moderarse) e outra que quere manter a esencia coa que naceu. Agora ben, o máis racional sería que os que queren un BNG a imaxe e semellanza de CiU monten a súa propia formación.
¡Benquerido Rafa, xa pensamos que morreras! Eu penso que o nicho de mercado do BNG está nos votantes do PP, máis ca do PSOE. Escoiteillo a un amigo teu aí de Lalín, o tal Sucasas, no programa A PENEIRA.
Un saúdo.
O problema segue a ser o mesmo. E dicer o que para os vellos do BNG e venderse para motia xente e un paso lóxico. O BNG debería examinar a perda de votos nas cidades grandes, ver se responde a un trasvase cos socialistas, se e abstención, e neste ultimo o porque. Creo que o camiño e o que é, e dicer o BNG é unha ferramenta nacional importantisima, pero debe ter claro cal é o camiño, e dicer unha posible cohabitación "eterna" co PSOE, ate que pola moderación se obteña mais votos ca eles -dificil-, ou un camiño moito mais longo que poda levar a non apoiar o PSOE mantendose na oposición, e camiñar cara a autodeterminación dunha forma longa. Eu creo que este camiño non o acabo de ver, e creo que debe ser unha idea maís de pasos curtos cunha idea final: a autodeterminación do pais na forma xuridca que sexa.
O BNG en Madrid non vai ser decisivo ata despois das eleccións no Pais Vasco. O PNV eu penso que despois das eleccións en Euskadi vai decidir e nese momento é cando entra en xogo o BNG, o futuro do BNG en Madrid vai da man co camiño que queira tomar o PNV. Se o PNV se queda o marxe do acordo co Goberno, o BNG so lle queda o camiño dos acordos puntuais (dame e douche).
Ese pode ser o senso de prestar os seus deputados o Grupo Mixto 2 e despois de constituílo volver onde estaba.
As eleccións galegas tamén poden facer que se retrase o papel decisivo do BNG en Madrid....Polo de agora aínda é cedo para ver cales poden ser os escenarios politicos posíbeis que se poden dar.
Do que teño menos dubidas é que CIU vaise quedar un pouco o marxe nesta lexislatura, penso que vai facer acordos puntuais. O Goberno do PSOE pódese ver no intre de facer un pacto con dúas forzas nacionalistas PNV e BNG, as contas cadran, e todo vai depender da oposición que faga o PP, se é tan boa como a dos derradeiros 4 anos o Goberno central vaise ver con unha capacidade de manobra maior.
A teoría de Sucasas non é mala e pode ser certa, mais o BNG esta perdendo apoios que se encamiñan a abstención, cando se perde ideoloxía para gañar votos ese é o camiño lóxico que segue a xente.
O BNG é o que é, noutras palabras; é a forza que ten. No Estado pertenze a ese grupo minoritario no Parlamento (onde o poder de decisión por moito que o queiran vender de outro xeito)é moi reducido. Non se pode comparar ca relevancia que teñen os grupos tanto catalans como vascos onde o seu poder ademais de político é sobre todo social.
Sobre Quintana direi que non se pode intentar picar en todos os platos. Quero decir, non se pode vender a moto do nacionalismo-independentista e o nacionalismo moderado-integrador para sacar votos na parcela do PP, porque todos sabemos que o BNG solo lles quita ós socialistas cando estos están en crise (recordade as Xerais de fai uns anos)
Creo que as ideas deben ir sempre claras e por diante, aquí en Madrid ou na China. Non se pode vender discursos según conveña ou según onde se esté por mor de un puñado de votos.
Boa pergunta. Agora responda, senhor Cuinha:
Podem os galegos falar e ser ouvidos em Lisboa?
http://www.agal-gz.org/modules...
http://www.agal-gz.org/index.p...
http://www.vieiros.com/open/am...
Non concordo en que haxa duas pulsións. E apontarse á existencia de tres semella ja excesivo, e irreal. Mais bem son duas, sí, mais non isas. O partido nacionalista é radical, na sua propria existencia, ten de selo. Non há dúvida do seu carácter, da sua definitiva razón de ser. Pero iso qué ten a ver co de facer política, numa linha dereita que non contradiga o fundo sentido da estratexia a levar. Ou seja, que o radicalismo que arreda ás melhores gentes do país da militancia e/ou apoio efectivo ao BNG é aquele que só tem expressâo contra os proprios. O que pon medo do BNG é o coidado que a organizaçâo ten dos premios aos siareiros e a despreocupaçâo que manifesta de ampliarse, medrar, sí, con nacionalistas convencidos, democráticos, radicais, sí, e moito máis inteligentes do que os dirigentes actuais dan en selo.
Parabens por este excelente artigo.
Só engadir que nas análises eleitorais se está deixando de lado um factor importante, a idade dos votantes. O BNG tivera até agora o seu feudo na juventude, e o PP nos velhos (e nos até mortos). A queda do PP de momento é mais por factores demográficos e uma maior transparência eleitoral que por perda de apoios. Quem realmente está a ganhar votantes é o PSOE e a abstenção.
O BNG não é capaz de ganhar os novos votantes nas cidades (sociologicamente mais de direitas e espanholizados que as generações anteriores) nem no rural, onde não actua como cunha política (nem sequer em campanha, por exemplo) sendo percebido coma um partido urbano e elitista. Isto mudará com a desertização do rural que se está a produzir.
Outro grave erro que está a cometer é meter a nível municipal a "chaqueteiros" com pedigri que arrastram um número importante de votos, mas para um futuro ou para desenvolver políticas reais nos concelhos são nefastos. Muitos acríticos fecham os olhos, mas a corrupção (individual) está a entrar nas estruturas no BNG, e ninguém faz nada por mudá-lo.
O caciquismo muda para que nada mude. Uma das virtudes do BNG é que era relativamente honesto comparado com a podredume PP-PSOE, que o PP tem a fama, mas o bacalhau corta-no outros.
Eu teño 23 anos. Son galego e vivo en Portugal, e creo que vostede, compañeiro Minhogalego, non deixa de facer unha interpretación da historia, que respecto enormemente, pero como vostede pode comprobar, eu optei pola norma RAG, porque canto mais tempo estou aqui, mais entendo que agora temos dous idiomas. Ben certo é que fomos un, que posiblemente, en condicións normais, podería estar eu a escribir con nh, lh, e demais trazos portugueses, porén, entendo o galego como unha lingua totalmente independente, eso si, con infinidade de deturpacións castelás, que co bo facer da xente, trocaremos por outras opcións mais acaídas á nosa realidade, posiblmente axudados pola normativa lusa.
E temos a vantaxe de podernos comunicar con facilidade coa comunidade de fala portuguesa, eso, para min, é unha vantaxe, e non un motivo para trocar o noso galego polo portugues, ou, como diría vostede, português.
Um abraço, e muito obrigado pelo seu comentário.
Desexo que a resposta a túa pregunta sexa afirmativa porque en caso contrario serán os cidadáns e cidadás deste país os/as que sufran as consecuencias. Para entendelo formularei algunha reflexión: Cantos cidadáns serían quen de nomear aos seus representantes (deputados do PSOE e PP)no Congreso dos Deputados na anterior lexislatura? Seguramente será polo moito que se preocuparon de atender as necesidades de quen lles votou.
Son estratéxicos para PSOE e PP os intereses de galegos e galegas? Qué nivel ocupan en dita estratexia?
Se a escasa representación obtida non permite ao BNG ser decisivo en Madrid, podería selo mais estando fora do Congreso como sucedeu durante tantas décadas de pureza ideolóxica?
Tiña entendido que o BNG non era un partido político, .... pero ao mellor equivócome,...... (pois vai a ser que non....)
Pois, si, Cuiña fillo, si, máis decisivo que o amigo de teu pai (Dios llo perdoe),D.Manuel, tamén en Madrid, e que ese si que non morre.
Bueno, eu passssssssso moito do debate normativo; cíngome a comunicación e neste caso quero dicir novamente que vexo algo atinado neste artigo de Rafa: Prognostico que o BNG vai ser "engulido" electoralmente nas autoanémicas (sim, pon autoanémicas) e que o resultado favorecerá enganosamente ó PPdG que voltará a quedar "fora por puntos".
Para ter éxito na política, na empresa e na vida é necesario un posicionamento, un posicionamento que poida ser atractivo para alguén e que te diferencie dos demais. Unha forza política pode evoluir pero non pode dar viraxes bruscas porque non sabe se esta viraxe vai convencer a mais novos adeptos dos que pode deixar polo camiño. Por tipoloxía de partido, un partido rebelde, bastante antisistema no seu día, e que ofrecia algo claramente diferente estalle complicado as suas bases dixerir a integración no sistema do BNG, valenos de exemplo Galiza Non se Vende, manifestación na que estaban as bases e a cúpula do BNG dos 90.
Quintana está compensar isto cunha rede clientelar a través do sistema galego de benestar que de momento está a compensar o divorcio cos seus apoios tradicionais que era a xente nova de extracto urbano.
Isto é o que terá que vixilar o BNG, porque as redes clientelares duran o que dura a permanencia no poder (que llo digan ao PP) e despois ven a morte por inanición xa que nen rede clientelar nen voto rebelde.
O que xa suporia a sentenza de morte do BNG seria pretender ser un partido de centro, xa que o seu posicionamento non seria crible para atraer ao votante centrista pero levarialles a perder o voto de esquerdas que é o que actualmente teñen.
En definitiva Rafa, deixate de xogos malabares e mollate, se es nacionalista e de centro, como son eu, o BNG nunca te poderá representar e o PP tampouco.
Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao.