“Encantado de coñecerte/ agardo que saibas o meu nome / mais o que te desconcerta/ é a natureza do meu xogo”
(The Rolling Stones, Sympathy for the devil)
Estes días de campaña electoral, intento estar informado das propostas dos diferentes partidos e das distintas sensibilidades político-sociais existentes no País. Non é unha tarefa especialmente ardua, xa que por tódolos recunchos temos algunha información sobre as propostas dos nosos candidatos ao “trono” de Raxoi (visto o visto, non confundir con Rajoy).
Propúxenme aceptar, dende o agradecemento, a asistencia a actos das diferentes forzas, para poder valorar un pouco como está o “patio político” nesta campaña. Tiven a oportunidade de estar nun mitin de Quintana, no que obsevei o voceiro nacional do BNG en forma, con propostas claras e unha evidente búsqueda do voto galeguista moderado, que faga medrar o seu nivel de representación parlamentaria, e polo tanto de poder, na próxima Xunta bipartita, se así o queren os galegos (e tamén as galegas, que diría a espléndida Carme Adán). Non me molesta recoñecer –mais ben todo o contrario- que teño un bo “feeling” persoal co candidato frentista como aprecio nas diferentes situacións que por diferentes motivos coincidimos.
O PSdeG tivo a ben convidarme a un acto co conselleiro de eEconomía Fernández Antonio, no que, o que para min é un dos mellores conselleiros da recén rematada lexislatura, debullou o contido das propostas económicas dos socialistas coa valentía suficiente para recoñeceren que esta brutal crise, deixa pouca marxe de manobra para tomar medidas ao goberno galego, ante unha situación de freo económico globalizado.
Despois de participar ó longo dos meus 37 anos nunha morea de campañas electorais, cheguei á convicción persoal da súa inutilidade manifesta, do seu custe económico desproporcionado, e coa práctica seguridade de que en condicións normais, a xente ten decidido nun altísimo porcentaxe o seu voto xa o primeiro día de campaña, e a marxinalidade cuantitativa dos que poden variar a súa decisión á hora de depositar a papeleta na urna. Nunca entendín as campañas electorais basadas no insulto gratuito e na confrontación persoal, nin a utilización que fan determinados medios de comunicación, de diferente signo, contra formacións políticas por oscuros e bastardos intereses. Os galegos aspiramos a que a utilización dos nosos cartos nas campañas, sirva para propostas en positivo que fagan valorar cal é o proxecto que queremos para Galicia/Galiza, cal é o candidato que valoramos como máis axeitado para liderar a nosa terra polas súas propostas, e non polo nivel dos insultos dirixidos ao líder contrario. Debo recoñecer que ás veces é complicado contribuír co exemplo. Por dúas veces tiven que atopar “informadores” de UPyD, que ante a lectura dos seus panfletos e a conversa con eles cando me contaban que eran un partido de “centro transversal”, e o recoñecemento de Galicia como nación ¿?, -sí, sí, como lles conto-, entráronme por unha vez na miña vida, dúbidas sobre as miñas conviccións democráticas, ante uns individuos, algún deles pertencente á nobreza española, que en plena Feira do Cocido falábanme de Galicia nuns termos, que daba a sensación de que viñan dalgunha galaxia paralela polo seu discurso político de psiquiátrico…xunto co porque do seu apoio a algo para min tan obsceno, como son as teses de Galicia Bilingüe.
E non me sinto nesta campaña especialmente motivado polo que vexo, mais a un non lle queda outro remedio, que armarse de paciencia, e valorar dende a máxima obxectividade posible, o que ofrecen uns e os outros.
Ou non…?
Nora boa pelas suas "reflesións".Concordo.
Entréi na "nobleza española"e,por isso sóupem a que referiase.
Ése sim trabalha:no arámio!.
Tremo cheguem a recadar votos no país,pro, xa se sabe;sempre ha enganados,ou que interesalhes deixarse enganar.
O pior é os renegados que vendem o país pelo poder.
A min os mítines recórdanme cada vez mais ós shows dos predicadores americanos, tanto nos que falan coma nos que escoitan. Mais que enmarcalos dentro do eido político había que metelos nalgún epígrafe da Seguridade Social, por aquelo de mellorar a autoestima individual e grupal, tanto do que fala coma dos que escoitan.
Prezado Rafael,
que disgusto vai coller doña Pilar Rojo e a señora Corina Porro cando vexa que vostede tilda de obscenas as teses de GALICIA BILINGUE
Menos mal que nos queda o humor
http://galiza.indymedia.org/20...
moi boas reflexións como case sempre. A cita dos Rolling Stones faime pensar que para vostede Quin é o demo e gustalle levarse ben con el
Os mitins teñen moito senso en Galiza, é como o tempo, cando chove un ponse pingando, so que nos mitins póñense pingando uns a outros e non cae nin un chisco de auga.
Parabéns polo artigo.
Coincido en que a campaña electoral na protodemocracia esta non ten mais senso que unha feira da confusión e, neste tempo de entroido, da máscarada.
Como nesta ocasión non teño a responsabilidade de votar sego a campaña polos comentarios da xente na que confio porque dos medios non me creo nada.
Eu a verdade é que penso que "Queen" é bó político de escenario mais non soubo configurar unha equipa que estivese á altura das circunstáncias. O presidente ten moi ben asumido o papel institucional e coñece ben esa fórmula máxica pola que o PSdG SEMPRE se beneficia nos gobernos de coalición co BNG (o caso de Pontevedra é a 'escepción necesaria'). O señor Nuñez anda algo perdido entre a sucesión do legado de Fraga que lle ven grande e non lle resulta agradable de todo, unha reivindicación centrípeta que se lle vai das mans e un plantexamento incoherente sobre economía pois cada vez que fala de medidas económicas para 'salvar' a crise xorde a cuestión ¿porqué o seu partido non as emprega onde goberna?.
Vexo unha condea a votar ó menos malo en opinión de cada votante e me lembro de unha pintada de eiquí de Ponferrada: Una sociedad mediocre produce políticos mediocres.
Este Rafa é o Obama galego...Xa conquistou ós do Xornal de Galicia.
Alégrame ler estas letras, parabéns Rafa.
Hai xa tempo que ler os artigos de opinión do señor Cuiña supón para min unha ledicia. Parabéns, e moito agradábel coincidir en moitas opinións.
E efectivamente, "obsceno" é o adxectivo máis axeitado para se referir a isa asociación desde as boas formas, desde a boa educación.
O artigo gustoume, pero non sei se vai votar o PP -despois de apoiar como apoia a morte a Galicia Bífida- ou non.
Concordo completamente con Rafael na crítica das campanhas actuais. Habería que aplicar moito máis a máxima de Anguita de "Programa, programa, programa", é esixir aos políticos máis rigor e responsabilidade.
Amigo Rafa, discrepo ao 100% das tuas vervas neste artigo, e creo que é a pimeira vez.Fasme abrallar que tes quimica con Quin( si me dixeras con XM Beiras ahinda o entenderia)pero co Sr. Quintana,me deixas como fe fumara unha china¡¡¡¡Vexo que fuches a un mitin do bng, outro do psoe, upyd non che digo nada, e logo creo que pra opinar falta un, que é o pp. E logo non che invitaron, non queres ir, ou calquer outra cousa?. Pra falar ben creo que hay que escoitar a todos, a teu amigo Gallardon , a Feijoo.....Por certo as palabras baratas do Sr.Quintana,versus BNG, non son mais que publicidade, donde estan os cartos pra os dependentes,porque pra cobralos,hay que sair nun periodico, e ao dia seguinte os cobras senon leches.E que Me dices da Conselleria do MEDO RURAL,crean empresas paralelas, chamese SEAGA, con as mesmas competencias que trasga, pra colocar a dousmil e pico amijos,con unha flota de todo terreos, que tenñen de todo menos baratos.......Pidoche unha cousiña, non te enfades con este gallegiño. unha aperta.
Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao.