Soan tambores de guerra nos cuarteis xerais dos partidos galegos ante a posibilidade dun adianto electoral, difícil de explicar se non é dende a perspectiva dos intereses particulares dun determinado partido, á marxe dos do país.
Polas praias do Salnés pasea estes días Emilio Pérez Touriño reflexionando sobre o tema, escoitando e lendo a uns e a outros e querendo dar a sensación de ser el o que marca os tempos, a pesares das presións que chegan dende "vila PSOE", na fermosa Illa de Arousa.
Cónstame que Xosé Blanco, indiscutiblemente o home máis poderoso do Partido Socialista, está polo adianto ante a perspectiva dun comezo de ano economicamente complicado. Touriño resístese, mais a decisión de facelo pode estar máis perto que lonxe. O vergonzante é que unha decisión dese calado se poida tomar atendendo aos intereses electorais do partido socialista por riba dos que conveñan a esta terra. A decisión de Touriño será legal –faltaría mais- o que non teño tan claro é que sexa ética, por non consensualo cos seus socios da mesa do Consello da Xunta, no marco dun goberno de coalición que non rompeu a pesares de celos, recelos e diferenzas constantes entre eles, na xestión dos intereses dos galegos. Comentábame hai poucos días o director dun importante xornal galego, que non cría no hipotético adianto debido a que podía afectar a dous presupostos da comunidade galega e que tiña o Presidente moi difícil “vender” o porqué desa decisión. Como ven vostedes, opina todo o mundo excepto o que ten e pode decidir.
Emilio Pérez Touriño merece todo o meu modesto respecto político, aínda que teña claro que non é precisamente Olof Palme – nin eu Azorín-, pero teño moitas dúbidas da súa capacidade para poder liderar esta terra nos momentos de dificultade económica nos que nos atopamos e mais tendo en conta a irresponsabilidade que supón o converter un problema de intereses e presións internas, nun para o país. Xosé Blanco minte cando di que non presiona. Cónstame por xente próxima a el que non é así, e que as últimas enquisas internas (desas que non se publican), xa non dan os resultados de hai unhas semanas, de aí a premura da decisión por tomar.
Enfronte as hostes de Feijoo coméntanme que están preparadas. De feito, xa tiven acceso a algún argumentario de campaña, mais se os líderes van a ser do tenor de Pilar Rojo e Jesús Palmou, dame a sensación de que o presidente dos populares, que ten o meu aprezo persoal, a pesares de estár nas antípodas del en temas como o da lingua, non ten demasiadas vimbias para ese cesto…
ou non?...
Simplemente xenial Rafa.Sempre que entro neste xornal o primeiro que fago e mirar se publicou algun artigo.Mais pensado que vostede pertenceria a un partido que(por desgraza) non existe, que tal se o pp deixa a lingua, e algunha que outra cousa mais, en "paz" un pacto pp-bng?...
Señor Pedrochosco, eu non considero como vostede a Rafa Cuiña un mesías, aínda que me alegra ver os seus artigos. Entrando en materia, non teño dúbida de que Touris vai adiantar as eleccións. Esperar a marzo é moi arriscado e non está o panorama para foguetes. Sinceramente, creo que vai haber poucos cambios. O PP volverá a ser aforza máis votada, o PSOE subirá algúns deputados e o BNG quedará como está. Todos contentos, que tamén manda carallo...
O bipartito vai ter catro anos máis para demostrar que o seu cambio vai tan lento que máis parece un viacrucis.
sr Cuíña: polo que se ve estase convertindo nunha referencia para algúns. Sexa independente e non escoite os cantos de sirea que penso chegaranlle de máis dun partido. Non decepcione.
Señor Cuíña, non lle faga vostede caso a Pedrochosco. O que vostede escribe non é unha xenialidad, é simplemente sentido común, que xa é moito nos tempos que corren.
Parabéns polo artigo. E arrímese a Sucasas (decentemente, por suposto).
Un saúdo dende as Murallas, Rafa. O que fixen o outro día foi lanzarche o teu artigo, algo así comas "as lebres" no atletismo...
Nunca fun,son ,nin serei sequera militante de ningun partido,pero si penso que en galicia fai falla ese cuarto partido(pnv-ciu)que lle reste votos o pp.
É o de sempre. Poderemos ter unha visión decimonónica sobre o importante que é ter man na corte, mais despois veñen estes pequenos "detalles"...
O presidente por accidente nin é bo presidente, nin é bo político.
Se fora un bo presidente tería xa convocadas as eleccións.
Se fora un bo político, tamén as tería convocadas.
A ética - política non existe, o político non pode ter ética no exercicio da política pero si ten que ser ético no seu xeito de facer as cousas. O bo político ten que velar polo interese xeral e o interese xeral de Galiza agora mesmo é un goberno de progreso (aínda que sexa indo a paso de caracol). O presidente ten a facultade de dicir cando son as eleccións, facultade política, non de goberno e como tal ten o dereito e o deber de exercitala cando a el e os intereses do pais lles conveña.
Penso Rafa que erras neste pensamento, e que erra de xeito interesado, o mellor, algún dos defensores da teoría de esgotar os 4 anos de goberno. Que non lles gusta que sexa dese xeito, que o presidente teña a facultade de dicir cando....xa saben que se convertan en defensores de OUTRO ESTATUTO PARA GALIZA....É certo desta historia nunca mais soubemos, coido que xa temos un novo estatuto e eu nin me decatei.....Manda Carallo que parvo son, vivo en Liliput.
artigo baseado no dixome-dixome... e, ao final, non sabemos nada!
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!!
Entra na nova web do sector maioritario de Terra Galega:
http://www.terra-galega.org
É de agradecer o sentido común que desprenden os textos de Rafael Cuíña. Non estaría de máis que a dereita galega o tomase como referente. Con todo, non podo estar totalmente de acordo co que di. A decisión de adiantar as eleccións faise, entre outras razóns, por interese do PSdeG (faltaría máis) pero tamén por interese de Galiza. Ou acaso esperar a marzo e arriscar a que gañe o PPdeG sería bo para o noso país?. Os anos dos gobernos Fraga non nos sacaron de estar entre as tres comunidades máis pobres do estado Español (a pesar da chuvia de millóns que viñeron de Europa) e levaron o noso idioma a unha situación catastrófica. Para min, todo o que se faga para evitar que o PPdeG volva a gobernar será acertado. Máis exactamente, o que este país precisa son moitos, pero moitos, anos de bipartito PSdeG-BNG.
Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao.