ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

O 17-M comprometidos con Galicia

11:00 13/05/2009

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a tódolos galegos a manifestarse en Compostela o 17 de Maio, co gallo do “Día das Letras Galegas”. Velaí estaremos moitos, non encontra de ninguén, senón de forma construtiva a prol da nosa lingua e da nosa cultura; un día para mostrar á sociedade a forza e, como non, o orgullo de país e a nosa condición de galegos comprometidos con esta bendita terra.

Este ano a festa da nosa cultura está adicada nada menos que a un absoluto referente do galeguismo chamado Ramón Piñeiro. Honremos o seu legado e actuemos en consecuencia en tempos complicados para a nosa lingua, e ao mesmo tempo ilusionantes para todos aqueles dispostos a loitar constructivamente por ela.

Observo nos comentarios de VIEIROS moito e respectable debate dogmático sobre o noso idioma, a súa fonética, as influencias lusistas, e mesmo o reintegracionismo. Penso que non é o momento das confrontacións e sí da unidade na causa común, na defensa do idioma. Falaba o pasado domingo co escritor Xabier Alcalá precisamente sobre este tema, e deume unha das claves fundamentais que comparto no tocante a concepción popular do galego, cando fala da admiración polas xentes deste país levitante que mellor se expresan no idioma asilvestrado que deixaron en herdo os que sabían que non valía nada para algúns, e ao mesmo tempo déronnos as pautas necesarias para nesta materia limar arestas e amolar durezas. É o momento da unidade sen fisuras, é un exercicio de responsabilidade.

No congreso do PPdeG da pasada fin de semana tiven a posibilidade de falar deste tema con membros da executiva; observei algunha xente comprometida co galego dentro do partido, preocupada pola actitude belixerante dalgúns compromisarios das cidades co idioma, e o desexo expreso de non pasar da denuncia –para min irrisoria- da imposición do galego a xustamente todo o contrario; unha busca de equilibrio nesta cuestión que vexo moi complicada de resolver no seo do PPdeG, que ten que ser consciente de que a perda de galegofalalantes que sufrimos é pobreza para a nosa cultura e a nosa identidade como pobo. Sí tiven a oportunidade, e ao mesmo tempo a satisfacción, de falar con deputados, alcaldes e persoas relevantes do partido, en sintonía coas teses que modestamente defendo, pois xa me sentía –salvando as inmensas distancias- como Custer en Little Big Horn, só e rodeado de “inimigos”. Agora teñen que ter a valentía de expresar publicamente o que a min me dicían, aínda que non sei porque me dá a sensación, que ese momento polo de agora non se vai producir...

En Compostela, o domingo, agárdoos a todos eles e a tódolos galegos que sintan esta terra, o seu idioma, a nosa condición de pobo diferenciado que nos autoidentifica e que estean dispostos a deixar claro que non somos un país máis, que temos  sinais de identidade propias, e  profundo orgullo de louvar e ter como referencia a figuras senlleiras da nosa cultura, como é o gran Ramón Piñeiro.

Ou non?

4,53/5 (80 votos)


Comentarios (36)

mnawe #1 13/Maio/2009 mnawe
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

O domingo debemos ir todos a Santiago,debemos convencer aos nosos familiares, parellas e amigos, sexan da ideoloxía que sexan, que temos que hai que ir alí a defender a nosa lingua.

Telleiro #2 13/Maio/2009 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Señor Cuíña:

Facendo referencia a eses "deputados,alcaldes e demais persoas relevantes do partido en sintonía coas teses que defende",na miña opinión,pretende vostede ofrecer aínda unha pequena amósega de "galeguismo" dentro do PP que poda equilibrar ante os nosos ollos a inequívoca fasquía nacionalista española do PP.

Se vostede cre sinceramente que é posíbel ser galeguista e formar parte do PP,téñolle que dicir,con franqueza e pregándolle que desculpe a miña ousadía,que é vostede un inxel.

Se non o cre,e malia isto escribe textos como o anterior,é vostede,con todos os respectos,un cínico.

volvebreogan #3 13/Maio/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

na defensa do galego!! todos a unha!!!

Brais #4 13/Maio/2009 Brais
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Señor Cuíña, cada artigo que vostede escribe provoca unha úlcera no PP. A lingua é de todos e non só dos que nos declaramos nacionalistas. Aviados imos se pensamos isto.

rainhaloba #5 13/Maio/2009 rainhaloba
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Señor Cuiña,
Sinto desanimalo, pero coido que a súa posición dentro do PPdG a respeito do idioma e a respeito doutros temas relacionados co noso país, non é que sexa minoritaria, senón que é marxinal e contradictoria coa ideoloxía do propio PPdG. Se vosté mantén certa relevancia dentro de esa organización, agardo teña capacidade para, cando menos, parar a contrarreforma que contra a nosa língua se están anunciando coa súa chagada á Xunta.

martin32 #6 13/Maio/2009 martin32
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Pois xa teñen os do PP un bon candidato para política lingüística.

Raimundo #7 13/Maio/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



luisfoz #8 13/Maio/2009 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Muito bem, senhor Cuíña, costumo gostar das suas colaborações ainda que nunca as comentasse. Acho muito bem haver gente como o senhor mas não posso deixar de pensar que é uma espécie de ovelha (ou garavanço) mouro. Postos a falar, havia-lhe custar trabalho, se falar comigo, descobrir o meu reintegracionismo mas uma cousa é a língua falada e outra a forma de escrevê-la.

maragota #9 13/Maio/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Meus parabéns pola súa decisión. Non sei o fai todos os anos ou é este ano que sente a necesidade de ir. Non coñezo a posición das bases do PP, mais si moitos dos seus votantes e non entendo a radicalización deste novo goberno. Se queren facer unha desfeita co idioma, pensen en facelo sen que se enteren e non minusvaloredes os do rural e non só. No século XXI a información non só chega a Vigo.

Sobre o do falar, eu sei falar asilvestrado e normativizado. Penso que ten que ser un dos obxectivos no ensino.

Rosamna #10 13/Maio/2009 Rosamna
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu son galega non por ter nacido en Galicia senon porque teño unha lingua e unha cultura que me distingue de alguén que naceu en outor sitio...esa distinción non é mellor nin peor...pero existe..

Eu defendo a miña lingua da mellor que maneira que para min existe..falandoa en Galicia...pero non aprobo medidas radicais e politizadas...

Indixenanoapartheid #11 13/Maio/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Sr. Cuíña: non dubido da sinceridade das súas palabras, e agradézollas nestes tempos delicados para a lingua que compartimos.
Agora ben, o que non entendo, é o feito de que vostede, e as xentes integradas no PP que teñen un pensamento achegado ó seu, continúen a militar nunha organización que nestes tempos só amosa desprezo cara ós nosos sinais de identidade como país.
Ramón Piñeiro buscou que os partidos políticos actuantes na Galiza estivesen impregnados dun sentimento de galeguidade; mais tal sensibilidade é hoxe inexistente no que ten a responsabilidade de gobernar nesta vella nación; ou, alomenos, na meirande parte dos seus afiliados.
Canto tempo teremos que agardar para que unha forza de centro-dereita galeguista, verdadeiramente comprometida coas problemáticas e cultura galegas, pensada e deseñada só por compatriotas nosos, veña recuperar aquí o espazo que ocupa a sucursal da madrileña rúa Génova?
Alguén dará un paso valente un día. Digo eu.

lourentia #12 13/Maio/2009 lourentia
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Se Cuíña encabeza un partido de centro-dereita galeguista, como aquí se di, non teño dúbidas de que ía lograr representación parlamentaria. A pregunta é se favorecería un tripartito co BNG e PSOE ou se uniría ao PP. De todos modos, grazas pola súa valentía no tema da lingua

Retrincos #13 13/Maio/2009 Retrincos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Na miña impresión, os mundos son máis plurais do que parece: no PSOE hai xente encantada con derogar o decreto este de "limpeza étnica" (permitideme a broma), hai castelán-falantes que entenden perfectamente o apoio ó idioma galego en clara desventaxe, xente do PP que non entende esta posición de obsesión paranoica có galego, e galego-falantes que cunha carga diglósica importante (no senso moderno da palabra) cuxa arela maior sería que os seus fillos non deran nin pinga de galego na escola. Desgraciadamente, o noso sistema electoral e tencnocrático e reduccionista. Non me extraña que a xenten non vaia votar.

Pero penso que tanto debate falso fíxonos perder a perspectiva de partida:
- Hai tanto que se arroga constitucionalista que máis lle valera facer caso o que di o texto: se o sistema non garante que o alumno ó final da súa escolarización se exprese en ámbolos dous idiomas é anti-constitucional (hai sentenzas ó respecto).
- Seguindo coa lei: se hai que equiparar ós dous idiomas, habería que lembrar que o castelán é de coñecemento obrigatorio e o resto das outras linguas non (xa me entendedes por onde vou).
- Por último. Os pais e os seus dereitos a decidir. Esquecémenos dalgo obvio: desde que entrego ó meu fillo a unha escolarización obrigatoria xa están decidindo por mín. Poderíase deste xeito propugnar unha escolarización opcional. (Correntes pedagóxicas hainas neste sentido).

Unha aperta a todos e unión. Vémonos en Compostela o 17.

Benchoseiv #14 13/Maio/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

ROSANMA.Vailhe dizer isso,o da politizaçâo e radicalidade, os da ambigua BILINGÜE.Notase que a tí nâo che deron de ostias por falar galego!.

Hermerico #15 13/Maio/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sim ,senhor, vivamos como galegos!, iluminados polo facho desse patriota que foi Pinheiro...e os do pp também som "galegos coma tí"
Cuiña, que galleguista que eres caramba!

Raimundo #16 13/Maio/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



MCXOSE #17 13/Maio/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ben, deixo claro antes de nada o profundo noxo e a peste que representan os cidadáns que me discriminan por ser galego. A eses "hp", que foi o apócope que utilizou o facha do programa de Intereconomía para insultar "en clave" ao seu rival político na televisión Gran Wyoming, dígolles que comigo non teñen NADA que facer. O único que van obter de Min é un infinito desexo de ser galego, que se pode manifestar de case todos os xeitos posíbeis, incluso coa violencia. Se mimetizo, por exemplo cos Ultrasur ou cos de Democracia Nacional, que tanto monta monta tanto, chegarei incluso a matar, como fixeron os fascistas españolistas con Carlos J Palomino en Madrid. En Galiza, en galego, sen máis contemplacións. Eu XAMAIS LLE FALAREI CASTELÁN A UN GALEGO. Teño moita rabia e xenreira cara os galegos-antigalegos, os renegados con complexo de seren galegos, que se autoodian e impoñen o españolismo aplastando a nosa cultura e idioma. NON LLELO VOU PERMITIR, a ninguén!!!. Danme noxo estes traidores e falsos, os que rexeitan das súas raíces, os que me querendo me discriminan por ser galego. AÚPA GALIZA!!! AAAHHHRRR!!! LOITAAA!!! Manifestareime porque estou comprometido con Galiza, non co topónimo "bueniño" que vale de carameliño dozón para pusilánimes e/ou acomplexados. Sempre GaliZa!!!

surenho #18 13/Maio/2009 surenho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

"Agora teñen que ter a valentía de expresar publicamente o que a min me dicían, aínda que non sei porque me dá a sensación, que ese momento polo de agora non se vai producir..."
Acho que ise momento non vai chegar. Non o fixeron nunca, non o fan agora que Feijoo debulla dende os media de Madrid un ronsel de medidas contra o noso idioma, e seguirán sen facelo cando pasen dos micrófonos da Cope ou Intereconomía ás páxinas do DOG. Gustaríame estar errado sr. Cuíña, mais temo que vostede confunde desexos con realidades.

OBSERVADOR #19 14/Maio/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Você vaia defender "a Galicia" que eu irei defender Galiza.

Lá nos veremos.

Gaviotero #20 14/Maio/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #21 14/Maio/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

EM eSPANHA HA CENSURA... CUÑAAO!! NÃO PERDEM A MANHA!!
BARÇA-ATLETIC

Senhora do Almortão.
"Senhora, senhora do Almortão
Senhora do Almortão
Ó minha linda raiana
Virai costas a Castela
Não queirais ser castelhana"
http://www.youtube...

CATALUNYA IS NOT SPAIN!
GALIZA IS NOT SPAIN!
EUSKADI IS NOT SPAIN!

teixugo #22 14/Maio/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#20 BRUXA NEGRA

aovellaquemira #23 14/Maio/2009 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Pois nem com a lambida de pucho que lhe deram hoje na TVGa me entra mim o pinheirismo. Será porque quando escuto ao A. Baamonde fico a pensar no seu Galego (do ponto de vista formal) ou será porque o pinheirismo é a doutrina da impotência. Não sei.

Mas o do culturalismo creio que não é na actualidade mais do que cuchipandas e turismo. Como essa Conselharia que criaram os seus companheiros de partido: a Conselharia de Cultura e Turismo. Para 'Folclore e Turismo' já queda cada vez menos. E não se pode dizer que não seja por falta de ganas, de novo, dos seus companheiros de partido.

Isto obriga-me a perguntar: vai renunciar à língua, vai renunciar a parte da sua identidade (e por tanto dignidade)? Penso que a resposta será não. Então, que vai fazer com os desbravados do seu partido? Continuará vendo a desfeita desde dentro?

Quanto ao do reintegracionismo, subscrevo o dito por Foz.

Saúde.

Raimundo #24 14/Maio/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



martin32 #25 14/Maio/2009 martin32
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Gaviotero se nós sommos totalitarios ti que es?, fascista? nin ós do teu partido respectas para un decente que tedes. Vai ó carallo!!

Ninhada de ratos

Raimundo #26 14/Maio/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



augustodubois #27 14/Maio/2009 augustodubois
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Parabéns Sr Cuíña pola sua valentia. Oxalá venha manifestar-se a Compostela um mundo de gente em favor do galego. Também do PP, que é o partido no que votam a maioria dos galegofalantes (gostemos alguns ou nom). A língua é de todos os galegos e galegas, e todos e todas nós devemos defendê-lo, independentemente da nossa língua habitual ou orientaçom política.

Tudense #28 14/Maio/2009 Tudense
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Bravo Cuiña, pouco a pouco vaste mollando. Con respecto ao PP "lasciate ogni speranza".

Brais #29 14/Maio/2009 Brais
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Señor Gaviotero, moito sabe vostede de Dereito...

prometeo #30 14/Maio/2009 prometeo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Todos únidos e sen fisuras pola nosa lingua.

Como xa dixo alguén por aí: grazas pola súa valentía neste tema.

O 17 de maio hei estar en Compostela.

Sanchez_de_Elvinha #31 14/Maio/2009 Sanchez_de_Elvinha
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Contan que cando Deus creou o mundo, para que os homes e mulleres prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes. Así fixo: Aos suízos fíxoos ordenados e cumpridores da Lei. Aos ingleses fíxoos persistentes e estudosos. Aos xaponeses fíxoos traballadores e pacientes. Aos italianos alegres e románticos. Aos franceses fíxoos cultos e refinados ... E cando chegou aos galegos, volveuse cara ao anxo que tomaba nota e díxolle: "Os galegos e as galegas van a ser intelixentes, boas persoas e do Partido Popular".

Cando acabou de crear o mundo, o anxo díxolle a Deus: "Señor, díchelle a tódolos pobos dúas virtudes e aos galegos tres. Isto fará que prevalezan sobre tódolos demais".
"Anda!!, pois é verdade!!, mais como as virtudes divinas non se poden quitar, os galegos terán tres, pero a mesma persoa non poderá ter máis de dúas virtudes á vez"

E así foi: O galego que é boa persoa e do Partido Popular, non pode ser intelixente. O que é intelixente e do Partido Popular, non pode ser boa persoa. E o que é intelixente e boa persoa, non pode ser do Partido Popular.

Ou non?

galeguzo #32 14/Maio/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Bom, ali estarei no 17 de Maio. Mas sim irei contra alguém: contra os que pretendem impor o castelhano para que o galego seja só uma manifestação folclórica. A começar por muitos companheiros seus de partido.

luaminguante #33 14/Maio/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

ali estaremos os 1500 profesores que xa asinsmos (en so unha semana)a favor do decreto do galego

pedrochosco #34 15/Maio/2009 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Grazas por votar unha man.
saudos

mceleiro #35 15/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Senhor Cuiña, obrigado pola sua boa vontade, e especialmente por quantas sensibilidades poda tocar dentro do próprio PP, no entanto não se pode duvidar da sua.

Mas eu não posso concordar nessa clave fundamental que você nomeia. A conceição do galego como língua popular-enxebre, alma do povo, não é suficiente. Porque se pode EXTIRPAR facilmente. Está acontecendo.

Podemos encher a nossa intimidade das raizes mais profundas da nossa cultura e impregná-la de poesia, mas não é suficiente. Porque vivemos numa sociedade que não tolera essas "mariconadas".

Podemos ir todos a Compostela um dia no ano, fazer milhões de cartazes, milhões de atos pro-galego, mas não é suficiente. Porque assim só teremos sempre uma língua minorizada e litúrgica que não passa do simbólico.



O galego para superviver na Galiza tem que superar a intimidade e a "liberdade de eleição" individual para voltar a ser COLECTIVO, porque a identidade deste povo guarda-se no COLECTIVO e difumina-se no individual.

O galego tem que estar presente em TODOS OS ÂMBITOS da sociedade, tanto como língua "asilvestrada popular", como nas gírias vulgares dos adolescentes, também nos registros culturais mais cultos, e sem esquecer nunca os entornos laborais, onde consumimos muitas horas do dia.

Só assim, como língua plena, tem o seu futuro asegurado. E para isso os debates dogmáticos que nomeia no seu artigo são necessários, for qual for a conclusão. A visão ampla do contexto linguístico MUNDIAL da nossa língua, essa sim que é uma das claves. Não é falar de normativa. É falar de VALOR DE USO além da simples sensibilidade de cada um. O demais são palavras tão belas como inúteis.

Os desertores do arado usarão o galego quando compreendam que está ao mesmo nível que o inglês. Por enxebrismo, nunca. É isso do que fogem como raios.

Também são precisas políticas linguísticas contundentes, ainda que sejam impopulares e restem votos. Essa ambiguidade consensuada que nem arre nem xó fracassou e seguirá fracassando sempre.



As manifestações neste País não influem apenas nos nossos políticos, sempre autistas. O día 17 não conseguiremos nada, e o dia seguinte voltarão a ignorar-nos e a governar às nossas costas.

Mas valerá a pena, porque nelas as pessoas falam, escutam, olham, discutem, aprendem, compreendem, organizam-se, e finalmente decidem COMPROMETER-SE. E o verdadeiro compromisso é o que constrói.

Os indivíduos sozinhos topam nas paredes. Em conjunto, abrem portas.

Veremo-nos em Compostela.

dumiense #36 16/Maio/2009 dumiense
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

xente como "Raimundo" son os verdadeiros responsables na situación actual, sempre destructivo, xerando división, buscando problemas onde non os hai...

esta vez non, a min non me vas liar, EU VOU A COMPOSTELA O DOMINGO, pola miña lingua, pola miña cultura, por respecto á miña familia íntegramente galego-falante, por respecto a todos os conseguiron manter esta fermosa lingua coa que hoxe nos agasallan, por todos, por Galicia, por min, por ti, LINGUA GALEGA SEMPRE!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións