No noso tempo os piratas dos que acotío oímos falar son os informáticos os coñecidos como “hackers”, mais nos mares que frecuentan moitos galegos aínda quedan dos outros, daqueles que falaban e contaban as súas fazañas Conrad, Marguerit, Dafoe ou máis recentemente a propia Zoé Valdés.
O impacto mediático que causou o secuestro e posteriores negociación e liberación do barco “Playa de Bakio” faime reflexionar sobre o heroísmo das xentes do mar, sometidas a duros traballos, a longas ausencias dos seres queridos, aos perigos constantes que o mar garda na súa esencia, á ingratitude en moitos casos das autoridades que terían que velar polos seus dereitos, á desesperación pola protección do seu medio de vida cando algún petroleiro decide deixar nas nosas costas o inferno particular que leva nas súas entrañas de ferro, os horarios intempestivos, as horas interminables, en definitiva a vida mesma dos heroes do mar.
Reflexionar tamén me fai a reacción da nosa clase política ante este tema. Algúns semellan estar máis pendentes de saber se o goberno ou o propio armador puxeron cartos para o rescate, como principal tema a debater nesta cuestión. Son consciente que podo caer na demagoxia dicindo que se ademáis do mal trago que pasou a tripulación, do “medo de non volver a ver as súas familias e a súa terra” (sic), das vexacións sufridas e non relatadas para o morbo dunha sociedade que devora todo aquelo que cause dor na alma das xentes de ben, ademáis diso é motivo de confrontación política, a un danlle ganas de facerse anarquista e berrar cara quen corresponda que esta sociedade está podre.
O Presidente do goberno estatal nun recente debate en televisión non quixo ser demasiado explícito sobre a cuestión do rescate, a Vicepresidenta dixo textualmente que “el gobierno hizo todo lo que debía hacer y nada de lo que no debía hacer”, e eu aplaudo ditas actitudes. Para mín é exactamente o mesmo que se pagase rescate ou non, que fose con fondos reservados que noutros tempos sufragaban orxías e outros “placeres”, ou que o armador puxera os cartos. O verdadeiramente importante é que oito traballadores galegos da mar xa están nas súas casa, coas súas xentes queridas e ningún procer vai amargarlles ese momento. Estos heroes xa están pensando en voltar a surcar o elemento que lles proporciona o medio de vida e do que non poden escapar…
Cando semella que todo o mundo vai á deriva, eles agarran forte o timón da dignidade.
Pagouse rescate. Certo. E era o que había que facer. Tamén correcto, pois se non estariamos falando duns mariñeiros asasinados.
Pero non por iso hai que ocultar a verdade e non tomar medidas e outras solucións.
Puxéronlleme os pelos de punta cando lin na prensa que xa estaban outros piratas esperándolles e que se non chegan a saír de alí protexidos por unha fragata, pois estariamos de novo nun pesadelo sen fin.
"Cando semella que todo o mundo vai á deriva, eles agarran forte o timón da dignidade"...É o que lles queda
Asimesmo, Cuiña junior, e iso que en Lalín aínda non vos queda moi preto o mar...
Tremebundo! A partires de eiquí, os barcos "españois" serán obxectivo prioritario destes malandros. Non é que critique o feito de pagar, pero se estou a pagar un "Misterio" de Defensa que actue coma tal.
Bueno, coma eran galegos e inmigrantes os tripulantes, que máis ten!
Mais os pesqueiros polo mundo adiante: non son ELES MESMOS piratas?
Ninguén vai dicir nada ó respeito?
Respecto ás tripulacións nada teño que engadir ó dito, mais a vaquiña...!?!
Unha pregunta sin ánimus molestandi: Quén lles dou permiso ós barcos apara entrar nas augas de SOMALIA?
Unha pequena puntualización; o termo hacker non quere dicer o que se insinúa no texto:
http://en.wikipedia.org/wiki/H...
Na propia definición do termo na wikipedia (inglés) se fai un longo repaso ao mal uso deste termo.
Ecoe, para ir polo mar, ás veces tes que entrar en augas territoriais doutros paises, como é o caso, chamar "piratas" ós mariñeiros que levan traballando dende séculos xa se define por si só.
Por outra banda, o buque foi apreixado por delincuentes, non por unha patrulleira tripulada polas forzas de seguridade/militares dun estado soberano; polo tanto os permisos que ti estas a preguntar sobran por completo nun pais no que realmente non hai un goberno de feito.
Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao.