Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Contos populares

17:00 22/05/2008

Leo e releo unha morea de artigos sobre a situación do Partido Popular tanto na "rede de redes", como nos xornais tradicionais. Falo con dirixentes do PP, PSOE e incluso do BNG sobre esta teima, e chego a mesma conclusión: Alí vai a pasar algo, alí ten que pasar algo…

A intrahistoria da situación dos "populares" é aínda moito máis grave do que os medios de comunicación transmiten, ou nalgúns casos, queren transmitir. Unha auténtica guerra civil polo poder, na que as navalladas internas entre compañeiros prodúcense día sí e día tamén. A Rajoy estanlle aplicando a mesma medicina que el empregou con tantos e tantos compañeiros a nivel estatal ou a nivel galego, xa sexa por acción ou por omisión, pois Mariano sempre mostra un "perfil baixo", mentres os seus máis estreitos colaboradores fan a guerra suxa, con resultados á vista de todos. Un partido cun apoio popular de 10 millóns de votos roto pola falla de liderado dunha persoa que non soubo romper amarras no seu momento con aqueles que o elexiron a dedo, sabendo que ía ser un títere en mans dos "poderes escuros" que tanto dano fan aos populares. E así foi, controlado polo sector máis duro do partido Mariano deambulaba entre o que tiña que facer, o que lle gustaría facer e o que é capaz de facer. Agora tenta poñer o que considera a súa propia xente alonxada do gran felón Aznar. Demasiado tarde, o paso adiante dado co ascenso de alguén tan políticamente interesante como o valenciano González Pons, ou o propio Gallardón cuxa exclusión das listas xa advertimos nesta columna que foi un erro chega nun momento no que nas bambalinas dos conservadores só se fala mal do Pontevedrés, a quen consideran amortizado.

Se isto fose un conto de Dickens, e se lle presentase a Mariano-Scrooge a pantasma dos Nadais do pasado vería que precisamente estes comportamentos que agora teñen con el os medios de comunicación afíns, compañeiros cabreados e militancia defraudada, foron os que puxo en práctica xunto co seu compañeiro de conspiracións Romay Becaría, para que o proxecto chegase a ser o que é: un auténtico desastre.

Fraga rifándolle a Aguirre, promocionando a Gallardón, e dicindo que o mellor é o Alcalde de Madrid (a boas horas D. Manuel), o de Vilalba con toda seguridade estará aínda por alí no momento no que a Rajoy-Scrooge se lle presente a pantasma do futuro e vexa que a súa incapacidade o levou a Santa Pola, previo paso por outro fracaso cando intentou a aventura galega…

Complicado futuro para os populares, ou catarse ou oposición para moitos anos, ou Gallardóns, Pons, Feijoos, Costas, ou travesías do deserto.

Camiña Mariano polo que Dante describía como terceiro círculo do inferno na "Divina Comedia", lugar onde moran os soberbios e envexosos que o levaron ao reiterado fracaso no que políticamente malvive. Non se olvide estimado Rajoy de darlle unha forte aperta alí ao seu gran amigo de conspiracións Paco Villar, e teña coidado, pois como decía Morgan Freeman na sobresaínte película carceraria "Cadea Perpetua", a "Esperanza" pode volver tolo a un home…

¿ou non…?

4,48/5 (61 votos)


Comentarios (18)

Moltres #1 22/Maio/2008 Moltres
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señor Cuiña, non deixa títere con cabeza...O pobre señorito de Pontevedra vai ter que volver ao Rexistro e a fumar puros polos cafetíns do Lérez.

lourentia #2 22/Maio/2008 lourentia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rajoy argallou canto puido contra o cuiñismo apoiándose en Génova e agora son os seus antigos aliados (o aznarismo) os que o merendan.

vonMises #3 22/Maio/2008 vonMises
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Como se nota que sabes do que falas!

fillotolo #4 22/Maio/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rafael, non teño a sorte de coñecerte pero si a Alberto, primo teu e gran persoa. ¿Xamais entendín porque persoeiros de Galiza, que coma ti que amosan un galeguismo tan comprometido, nunca deron o paso para formar unha forza política de centro-dereita que poida ser tomada en serio?

Gaviotero #5 23/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si los bloqueiros y progres apuestan por Gallardón, González Pons y aun Mariano Rajoy, es evidente que lo mejor para los intereses del Partido Popular es apostar por otras personas.

Gaviotero #6 23/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, estas guerras se dan en TODOS los partidos. Y si no, que le pregunten a Beiras o a Camilo Nogueira en el BNG. O a Paco Vázquez en el PSOE...

Aldara #7 23/Maio/2008 Aldara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O señor Gaviotero mostra as súas simpatías internas: Aznar-Acebes-Zaplana

fredo #8 23/Maio/2008 fredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O formidable espectáculo ao que asistimos no pp non é máis ca a normal loita polo poder, algo que se deu e se seguirá a dar en calquera organización política. As loitas persoais sempre se disfrazan de loitas de principios e valores mais son o que son. Se non se conformou unha alternativa galeguista de centro-dereita debeu ser por varios factores mais eu citaría que as análises políticas non lles prevían os datos agoirados e outra porque moitos deles debíanlle e séguenlle a deber moito ao pp, tanto a nivel político coma persoal. Eis a eiva política galega dende a transición, non existe unha formación homologable ás basca e catalá. En todo caso o galeguismo destes políticos de formacións de corte estatal non é equiparable aos auténticos galeguistas de antano. É máis ben un verniz ou unha pose. Ao fitar máis embaixo non hai ren. Tan só afán de poder político e económico. Lexítimo pero só iso.

galeguzo #9 23/Maio/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

>>Si los bloqueiros y progres apuestan por Gallardón, González Pons y aun Mariano Rajoy, es evidente que lo mejor para los intereses del Partido Popular es apostar por otras personas.<<

Isso é autonomia de pensamento :D!

Noutras palavras: o pensamento de Gaviotero vem determinado polo BNG, que grande notícia (e que grande ridículo :p)!

♪ _Vamos Rajoy, Mariano Rajoy, el Partido Popular contigo estooooy_ ♫

Reboredo #10 23/Maio/2008 Reboredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sr Cuiña, salde as súas contas dunha vez co paertido popular. Rajoy, Romay ou o mesmo Feijoo poderán ter moitas tachas pero é cxente honrada que non fixo medrar o seu patrimonio empresarial ao acobillo do cargo politico. E se ao final o tempo daralle a razon aos que con moito esforzo permitiron que Feijoo liderase o PP de galicia. Se finalmente triunfa a nova linea emprendida polo presidente do PP e Feijoo acaba por abrirse, como lle gusta, a unha idea de galeguista moderada, por fin veremos unha dereita en Galicia digna dos galegos.

fillotolo #11 23/Maio/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señor Reboredo, ¿Feijoo Galeguista? vostede toleu. A dereita é dereita en todos os lados, cecais aquí un pouco máis brava por mor do recente pasado reaccionario e fascista que herdan, pero dende logo se teño que quedarme cun dirixente desta ideoloxía, por deus que sexa galego, que sinta a Galiza e á súa lingua e cultura. Penso que Cuiña foi un empresario no poder como moita xente de dereitas, sentía a Galiza como ninguén, por eso mismo está ese "galego" de Feijoo presidindo o PP. Non son nin serán xamais galegos, pois ser Galego é algo que se leva no peito e non no peto, son palabras maiores que ti xamais poderás chegar a comprender o que significa, non, porque vostede ten a mente demasiado colonizada, e os colonos acaban sendo escravos da súa cobardía.

puriseijas #12 24/Maio/2008 puriseijas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Totalmente de acordo con Rafa; gran verdade a sua opinión.
Hai un dito: "Quen as fai as paga" e as decisión que toman algúns contra os demais,as veces volvense contra un mesmo, i eso e o que padece Rajoy.
Con relación a que Feijoo e galego e sinte a Galiza,... ten moito que demostrar.
Felicítote Rafa,e non deixes de defender a quen xa non está para facelo.

Reboredo #13 24/Maio/2008 Reboredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, fillotolo, que pouco entendes a retranca. Non te das conta que comezo o meu comentario pedindolle ao sr Cuiña jr. que salde dunha vez por todas as súas contas co PP. Que ten unha "teima" moi persoal co ditoso pp. Que persoalmente non acredito nin no galeguismo do Feijoo nin no galeguismo do defunto Cuiña. Que a diferenza de vostede eu penso que o Cuiñismo foi unha meneira de por o poder politico non ao servizo do pais senon da conta de resultados dos proxecto de empresa familiar que se nutriron a base das contratas feitas co presuposto publico. Eu entendo que a faciana dereitiosta e españolista do PP lle serva a Rafael Cuiña para sacarse algunha "espinita". Pero facernos crer a estas altruras da pelicula que os da boina representaban unha dereita galega. Dame a risa por non chorar.
E algo hai de certo en toda ironia. Feijoo sabe que co discurso do PP españolista nada ten que facer aqui. Pero recuperar o proxecto cuiñista ainda ten menos futuro.

fredo #14 24/Maio/2008 fredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oes, puriseijas, estou dacordo contigo en que quen as fai as paga pero non esquezas que cando o defunto Cuiña era secretario xeral do PPdG mandou ao "poleiro" ao mesmo Rajoy e Romay Vicaría (ave María purísima), por non dicir da creba que fixo entre alcaldables nas seguintes municipais a aqueles que eran da corda marianista. Porén, a todo porco lle acaba chegando o seu San Martiño. Non sei qué foi primeiro se o ovo ou a galiña, se Cuiña ou Rajoy, pero os dous se acoitelaron polas costas e os dous foron víctimas de prácticas políticas "de partido". O tan cacarexado "Galicia, nai e señora" non é neste caso máis ca un eslógan que traducido ao román paladino ben podería ser "Galicia, madrastra e meretriz". As ganancias, iso si, a bon recaudo.

Sara_Mago #15 25/Maio/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O poder aglutina. Quando o PP mangoneava ao seu jeito nom tinha muito merito manter unidas duas correntes que, fora da Espanha e da Italia, semelhariam irreconciliaveis: o retro-fascismo e o neo-liberalismo. Porque, embora estas luitas tenham muito de guerras de ambiçoes pessoais, nom estam completamente exentas dumha componhente clanico-ideologica. A prova esta em como os primeiros (com Aznar na cabeza) se dotaram dum entramado mediatico proprio (COPE, La Razon, Libertad Digital, etc.) que funciona como um autentico lobby de defesa das suas posiçoes de poder dentro do partido, mas tambem como importantissimo tanque ideologico que resucitou e deu aços ao franquismo socioligico.

Cumpre reconhecer a habilidade politica de Fraga Iribarne, que logrou o reagrupamento de toda a direita tanto na Galiza como no Estado (duas situaçoes muito diferentes, mesmo no campo da direita). Foi ele quem, em grande medida, foi quem de reconciliar os franquistas e os liberais, num esperpentico hibrido neo-con. O problema é que, apoiou um franquista (Aznar) para a cupula que tinha umha agenda politica muito sectaria: apoiou aos seus as posiçoes de poder excluindo aos demais. Por esso agora Iribarne tenta re-estabelecer o equilibrio apoiando Gallardon e Rajoy. Nom porque ele proprio nom seja tambem franquista, se nom porque ele é consciente do que estaria em jogo numha luita fraticida na direita. Ele da-se conta de que se os franquistas aglutinam tudo o poder, sendo intrinsecamente sectarios como som, o PP racha. Cousa que a direita espanhola nom esta em condiçoes de se permitir.

Esta situaçom exogena, deixa boa parte do PPdG numha situaçom extremadamente incomoda. Se houver um vencedor claro da guerra madrilenha, o PPdG quase com certeza vai fechar filas entorno ao novo Rei castelhano. Se nom o houver...

edreira #16 26/Maio/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns polo artigo, notase que sabes do que falas. Eu como pequeno mortal daríalle outro titulo "Contos populares de unha encrucillada".
Para min en realidade agora o PP esta nunha encrucillada. Aínda que cara fora parece que estamos a falar de lideres, penso eu, que si rascas un pouquiño debaixo hai outra cousa, unha crise ideolóxica. A encrucillada e virar cara o centro e tornarse nun centro dereita a europea, ou mais do mesmo (a dereita rancia española).
Rajoy sabe que o PP ten que soltar lastre pola dereita, que o PP ten que encamiñarse cara o centro dereita, o laicismo e unha visión do estado español moderna, asumilo estado autonomista ata o máximo, ten que chegar a entenderse coas outras dereitas que hai no estado e para iso o PP ten que ser un partido de centro dereita moderno, lonxe dos extremismos e de ideas de España trasnoitadas.

grueiro #17 26/Maio/2008 grueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vos metadas con Rafa Cuíña polo que fixera o seu pai. Iso é inxusto.

marcelino #18 11/Xuño/2008 marcelino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rafa, enhoraboa¡¡¡¡recordasmé moitisimo na forma de hablar a alguen que xa non esta.Se a mitade de a mitade de amitade... dos 10 millons que ten , meyor dito que tiveron os do pp,falasemos coma ti o fas , outro galo cantaria.Como falamos fai uns dias, ten que surgir,que nacer dos propios galegos un partido GALEGUISTA que NON SEPARATISTA VS INDEPENDENTISTA, que XA COMENCE a sembrar as semillas pra poder recollelas en un anaco de tempo. hai que facelo xa¡¡¡¡. repito enhoraboa, segue escribindo asi.E segue dando caña.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao.



Máis opinións