O pasado 15 de febreiro publicouse nas páxinas de El Progreso-A Mariña un artigo no que xa chamabamos a atención pola miserábel reacción de certas persoas ante a presenza da cultura galega na Feira Internacional do Libro da Habana.
Sirvan estas, e outras liñas, para tomarmos nota de tan oportunista e mesquiña actitude. Está nas nosas mans parar en seco a quen con tanta frivolidade xoga cos nosos sinais de identidade. Négome a crer que toda a dereita galega pense deste xeito. Mais, ou reaccionan e lle fan fronte a este xeito tan rúa Génova, ou fundiranse todos no mesmo barco a partir do 10 de marzo.
«Do 13 ao 24 de febreiro celébrase a XVII Feira do Libro na Habana. Para que se fagan unha idea da importancia deste evento, na anterior edición de 2007 pasaron por ela 650.000 visitantes, participaron nela 31 países, 650 editoriais tiveron representación, houbo 131 expositores e vendéronse 1,3 millóns de exemplares. Pois este ano Galiza e a súa cultura son convidados de honra. É a primeira vez que a cultura dun país sen estado propio é convidada a este acontecemento.
As Feiras do Libro de Frankfurt e de Guadalaxara (México) son moi importantes. Pois a da Habana é un escaparate cultural do continente americano de primeira magnitude. Para a edición deste ano agárdase un millón de visitantes. De seguro a presenza da nosa cultura na illa caribeña ha supoñer un antes e un despois na nosa promoción internacional. De feito, vaise aproveitar esta oportunidade para facer valer a nosa candidatura a país convidado na Feira de Guadalaxara en 2011.
Un amplo repertorio de escritores e escritoras do noso país van dar a coñecer a súa obra, toda a nosa cultura. Méndez Ferrín, Suso de Toro, Manuel Rivas, Teresa Moure, Luz Pozo Garza. No mundo da música, a Real Filharmonía de Galiza, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Uxía, Marful, Nordestinas, Dios Ke Te Crew. Haberá unha actuación conxunta entre Pablo Milanés e varias cantantes galegas. Promocionarase a banda deseñada, a arte contemporánea e a fotografía galegas. Miguel Anxo Prado e Xosé Lens coordinarán este labor. Quico Cadaval desenvolverá o Encontro de contadores: galegos, cubanos e africanos. Haberá un oco para a danza contemporánea con Pisando ovos e tamén para os monicreques de Galitoon e a maxia do Mago Antón.
Así mesmo, no mundo do audiovisual, e baixo o título conxunto de Ópticas cruzadas, catro cineastas galegos e outros tantos cubanos realizarán, por parellas galego-cubanas, catro curtametraxes de dez minutos de duración cada unha sobre a relación entre as culturas galega e cubana.
A Mariña lucense, como o resto de Galiza, ten aportado á illa caribeña, un sen fin de homes e mulleres que colaboraron co seu esforzo físico e intelectual ao desenvolvemento de Cuba (e de América en xeral). Podemos ver a súa pegada no noso legado arquitectónico, no intercambio de bens e ideas habido entre unha e outra beira. No verán de 2007 temos analizado en Ribadeo, nas XV Xornadas Mar por Medio Galiza en América as estratexias para a difusión da cultura galega en Latinoamérica. Tratábase de buscar as maneiras máis acaídas para a proxección da cultura galega no exterior, de estudar as posibilidades de mercado en Latinoamérica para os sectores do libro, musical e audiovisual. Desde aquí aportamos o noso grao de area neste inmenso labor de proxección cara ao exterior da nosa cultura. É unha mágoa que algúns anden agora con andrómenas querendo cuestionalo todo. Que curioso, para esas persoas o ladrillo nunca está baixo sospeita, aínda que o arrase todo; a cultura, si. Todo o que soe a galego, tanto aquí como en Andalucía, ou nas Américas, sempre os fai desconfiar.»
A ver, eu, galego ata a morte, tamén critico un pouco a viaxe á Habana. Apoio a proxección da nosa cultura no exterior, pero temos que ter en conta dous datos importantes. 1. Os orzamentos de cultura, grazas ao impresentable de Fraga, estaban hipotecados teoricamente durante décadas e paréceme unha irresponsabilidade o gasto que se fixo, absolutamente aberrante. 2. Relacionando isto con outras proxeccións exteriores do galego coma os lectorados, etc, considero que a situación no propio país é máis que preocupante e penso que a maioría do orzamento se debería destinar a solucionar os problemas culturais que hai no propio país e non tanto na imaxe exterior que, repito, tamén é necesaria, pero con sentidiño. Máis nada. Gastar tantos cartos en Cuba é ben difícil e gustaríame que os responsables publicasen a que se corresponden os gastos, porque eu estiven en Cuba e asegúrovos que non me saen as contas nin de coña.
Pódese traballar pola cultura galega e criticar a política cultural da Consellería. A presenza de tantos escritores e artistas galegos en Cuba non é mostra de boa xestión cultural senón de cantidade. E o final ¿a canto tocamos?
Moito gasto un millón de euros? Pois iso foi o que custou exactamente o debate Rajoy-Zapatero do outro día, e iso que só foi hora e media de programa televisivo... E conste que esa factura tamén a pagou -en parte- a TVG. Noxo de xestores do ente público galego, non teñen vergoña.
Polo que lin hoxe o gasto foi o 37% do orzamento anual da Consellería de Cultura para a proxección exterior, que non semella moito á vista do éxito, manifesto na carraxe dos críticos. E tamén podería ser menos se non se tiveran apuntado á viaxe dúcias de artistiñas e intectuais orgánicos de máis que dubidosa valía.
A min pareceme moi ben que se faga propaganda da nosa cultura, e sobre todo na Habana. O que non me parece moi ben e que aqui os Castros, Dolmens e outro tipo de patrimonio este abandoado.
Antes de ir arreglar a fora, os interes de mercado de persoas particulares, arregla o que realmente e a nosa raiz como pobo.
Esas partidas orzamentarias de promocións culturais antes eran usadas polo PP para traer "artistas" de fóra, cantantes estilo Luar e cousas polo estilo. O cambio de enfoque na política cultural é abismal. Parabéns a Bugallo.
Non se pode gastar nun país que é unha dictadura noxenta; onde hai presos políticos que non usaron a violencia; onde os homosexuais van para a cadea polo simple feito de selo; onde a tortura está á orde do día e onde un asasino coma Castro ten ou tiña en vigor a pena de morte.
parabens nosa cultura de pobo e nacion debese coñecer donde sexa e coma sexa.
sempre en galiza
Podía contar este chaval que somos invitados de honor previo pago de un pastón. O que allí no estuvo representada la cultura gallega, sino la cultura en gallego y por supuesto afín al gobierno bipartito.
En fin, que allí estaba representada media Galicia, porque la otra media, con su riqueza cultural incluida, quedó aquí.
Pero es comprensible que los amiguetes agraciados con el millón trescientos mil euros que nos ha costado la fiestuca, dinero pagado por todos, los que fueron pero también y de qué manera, los que no han podido ir, estarán enormemente agradecidos a sus mantenedores.
Paréceme moi interesante a proxección da nosa cultura no exterior, pero eu daríalle prioridade, cando os orzamentos son os que son, á proxección interior. Hai rapaces e rapazas galegos que só coñecen os escritores e escritoras polos libros (por certo,para cando edicións populares subvencionadas cos cartos gastados en Cuba?)... Cantos galegos tiveron acceso ás actuacións da Real Filharmonía?... Canto lle custa a asociacións de veciños, asociacións culturais, centros de ensino, etc. algunha conferencia, actuación... deses privilexiados "homes e mulleres da cultura"? Os prezos son tan prohibitivos que terían que ir á Habana para velos gratuitamente... " Moita vela e pouco vento!".
Gaviotero: Malia nom estar nem remotamente d'acordo co que ecreveches aledo-me de que alomenos escrevas com siso, respecto e exponhendo a tua opiniom sem insultos e sem aturuxos e chamadas de "corneta"...As ideias nom delinquem nem que sejas nacionalista espanhol, galego, ingles, sueco, valom ou mapuche....ou comunista, anarquista, catolico, ortodoxo, agnostico, animistas, etc...fales o idioma que fales e tenhas a orientazom sexual que tenhas...Sras respectado no entanto sejas quem de RESPECTAR AS PESSOAS...Noraboa Gaviotero, a ver se deixamos a troll-ada que ja e tempo
Veña Gaviotero, que ti podes, así me gusta, menuda sorpresa, de verdade. A primeira vez que escribes nese ton. Ao final o foro de Vieiros éche educativo de carai. Non, en serio, un alegrón.
Tódolos presos políticsos cubanos USA ron a violencia ou preparábana, en especial na crise no 2003. Quere decir para qué gasta a USAID a millonada anual en Cuba?
Vostede sabe de qué fala?
Naceu en 1966. Licenciouse en Filosofía en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor no IES Marqués de Casariego, na localidade asturiana de Tapia de Casarego. Publicou a novela "O bosque de Nadgor"(2007).