Durante os dous primeiros anos sentáronse as bases para producir un cambio real en Galicia e os dous próximos anos que quedan de mandato farase efectivo ese cambio.
Esta é a idea que transmitiu, Anxo Quintana, Vicepresidente de Benestar e Igualdade da Xunta de Galicia nunha entrevista concedida a Radio Líder, días atrás, (e publicada na web de Vicepresidencia) que parece indicar que existe unha clara conciencia de que a cidadanía ou unha parte da cidadanía non percibe con nitidez o cambio prometido.
É certo que se trata dun curto período de tempo, coas súas luces e as súas sombras, do que se fai difícil obter unha valoración global de todo o goberno senón só, parcialmente, de cada departamento.
O cansazo, aburrimento e rexeitamento dunha boa parte da sociedade galega dos gobernos anteriores do PP, deixaba un baleiro que se cubría con enormes expectativas cara á posibilidade dun cambio de goberno que finalmente se produce e que prometía unha dinámica sociopolítica abandeirada por novos valores que se traducirían nunha nova forma de facer política, máis transparente, máis respectuosa e atenta coa cidadanía, máis participativa, menos clientelar e máis xusta, etc.
Valoracións
As valoracións que se están realizando estes días por diversos analistas desde posicións nacionalistas e de esquerda van desde "a democracia mellorou notablemente" ata "non confundir gobernar con ocupar o poder". División de pareceres extrema que, en diversos graos, está presente nas bases sociais que apoiaron, no seu día, ao bipartito e sobre o que depositaron a súa confianza para que se abrise unha nova etapa en Galicia que pouco tivese que ver coa anterior.
Seguramente, a percepción limitada que cada cal ten, poida que nalgúns casos, non coincida co que "din" as enquisas, "que todo vai ben", "que todos imos gañar moitos votos". Como nas eleccións municipais, que -despois- algúns candidatos a Alcalde dalgunhas cidades levaron unha sorpresa, ata algún -por certo, socialista- que preferiu botarlle a culpa ao Presidente Rodríguez Zapatero dos seus inesperados malos resultados
A crítica é boa de seu pois é consubstancial á democracia, atribuír que esta sempre serve ao adversario - aínda que ás veces poida ser así- é un erro, cando non un síntoma autoritario. O contrario diso, o negativo, é o insulto e a descualificación. E ao día de hoxe, ademais dalgún grupo ecoloxista, algunha Plataforma Cidadán, quen exerce a crítica, é un sindicato, a CIG e baixo o meu punto de vista, hónralle, independentemente de que estea de acordo ou non con ela ou de que sexa a súa función máis xenuína. O PP, o que fai, como é a súa obrigación, é oposición.
Coas eleccións xerais á vista, o goberno da Xunta, corre o risco de dar preferencia á propaganda e descoidar de facer efectivo, nestes dous anos que restan de lexislatura, o cambio que o Vicepresidente anunciaba en Radio Líder, que, supomos será, tamén, o de todo o goberno. Posiblemente, sexa neste departamento onde máis se vaia a visualizar, en parte, porque ten avanzados xa algúns proxectos e levou a cabo algunhas medidas sociais importantes. É necesario que o goberno da Xunta sexa capaz de transmitir que se pode plasmar unha nova forma de facer política e que se pode traducir en feitos, en avances sociais concretos, con visión de futuro.
É certo que Quintana dixo,en máis dunha ocasión, que os dous primeiros anos serviron principalmente para planificar, e que sería nos dous seguintes onde se implementarían o groso das políticas ideadas para esta lexislatura.
Agora ben, se Touriño leva a cabo a despótica estratexia que lle propoñen os seus asesores (ver a primeira de hoxe neste xornal), mal se van poder facer efectivos eses cambios. E digo eu que someter os intereses do país a intereses partidistas de forma tan clara, suporía unha traizón ao discurso inicial de democratización da vida política en Galiza. Así, poderíamos volver entoar aquilo de "PSOE, PP, a mesma merda é".
"Mais a posibilidade dun adianto non é visto con claridade por unha parte do PSdeG. Un dirixente socialista aseguráballe a este xornal que “todo goberno debe aspirar a rematar a lexislatura”. Incluso matiza que o lóxico é executar o orzamento no que se está a traballar para 2008"
Me temo que posiblemente, este argumento interesadamente omitido na intervención anterior, recolle unha sensibilidade que posiblemente lonxe de ser minoritaria no PsdeG, cada vez mai xenerando mais adscripcións.
Por certo, cando se fala dos asesores de Touriño, non vos estaredes referindo ó (s) mesmo (s) que sistemáticamente, e ahí tendes os resultados das Autonómicas e das anteriores municipais, suxerían victoria clara...
Tranquilidade e calma. Que Touriño e o(s) seu(s) asesore(s)aínda terán que rendir contas. E me da sensación de que se está rematando o tempo dos politólogos , da sintaxe e do "porque yo lo valgo..."
No BNG Losada foi o primeiro. Quen sabe si lonxe de convertirse nun mártir se convertirá nun exemplo para moitos e moitas dos ata foi pouco os seus compañeiros, colegas, coleguitas de travesia, e evidentemente non me estou a referir ós seus correlixionarios.
P.D.
Bugallo, vaite preparando
Eu creo que o bipartito xa pode ir esforzándose para que se visibilice o cambio nesta segunda parte da lexislatura. PSOE e BNG teñen sorte de estar fronte a un PP en crise, unha dereita que non acaba de atoparse nin de facer autocrítica beneficia ao actual goberno, sen dúbida. Por riba, o PP fai un seguidismo case lacaio das teses máis españolistas de madrid. O bipartito teno que facer moi mal para non renovar.
A mí lo que me aburren son estos profes universitarios que se pasan el día baboseando artículos para ver si así los colocan y en un par de añitos están cobrando el sobresueldo de los 15.000 euros, que es de lo que se trata.
Anda, Anxo, hazle un hueco a este, que se lo está ganando...
Porque la nueva forma de hacer política ya nos quedó clara con la conversación, por llamarle de alguna manera, que mantuvo el prohombre de este bigobierno, Antón Losada, con el redactor de la TVG:
"Estáis de coña, con quién creéis que estáis hablando? Yo soy el secretario xeral de la Vicepresidencia de la Xunta. Si yo digo que el vicepresidente no sale es que no sale. Y puedes llamar a quien te salga de las narices."
"Perdona, tú tienes que acatar a los ciudadanos que te dicen que no quieren salir en la mierda de informativos que haces. (...) Si te digo que no quiero salir es que no salgo, y no tienes que llamar a nadie porque yo soy tu superior en esto, porque soy un ciudadano que no quiere salir en este informativo."
"¿Cuál es vuestro problema, que os quedáis sin coartada? Bueno, pues amigo, a dar la cara. (...) Que no salga y punto. Lo que hacéis siempre, todos los días, como buenos lacayos que sois, pero ahora con nuestra bendición."
Eduardo Rego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1955). É profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña, onde imparte a materia de Socioloxía Política.