Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A PONTE

Incerteza

10:00 07/02/2009

Das enquisas que se veñen coñecendo pódese extraer unha conclusión ao día de hoxe: incerteza. Aínda que a probabilidade de que se repita o bipartito é moi alta non descartan unha vitoria do Partido Popular con maioría absoluta. Son moitas as variables que hai que ter en conta pero hai dous datos que teñen especial interese: unha porcentaxe elevada de abstención que pode aproximarse ao 35% e unha porcentaxe elevada de voto indeciso, un 15%.

Estes datos fan pensar que o tempo que resta ata o 1 de marzo vai ser decisivo, non só para que se incline a favor do goberno bipartito senón, tamén, cál vai ser a correlación de forzas entre PSOE e BNG. 
 
O Presidente Touriño, como candidato do PSdeG-PSOE acusou a Núñez Feijoo e o PP de promover a abstención. A reacción de dirixentes deste partido ante a resolución da Xunta Electoral sobre o voto emigrante pode entender neste contexto dunha posible elevada abstención, aínda tendo en conta que puidese restarlle credibilidade dentro das súas bases sociais.  

Algúns autores, como P. Rosanvallon, definen as actuais democracias occidentais como "democracias de rexeitamento" fronte á "democracia de proxecto". Nese tipo de democracia de rexeitamento, as campañas electorais tenden a volverse negativas ao obxecto de desmovilizar aos electores flotantes acentuando o escepticismo respecto da política en xeral. E o clima de crise económica e social é o contexto máis idóneo para despregar todas as técnicas dispoñibles, a primeira das cales é crear a desconfianza sobre os lideres competidores.   

Desconfianza sobre os líderes

O ataque a Touriño como un presidente malgastador, dado aos gastos suntuosos, así como a Quintana de continuador de practícalas caciquiles para colocar os seus afíns na Xunta ou a súa ineficiencia na xestión da aplicación da lei de dependencia irían nese sentido.  

Aínda así Núñez Feijoo teno hartamente difícil. A pesar do seu esforzo por desvincularse da etapa anterior con Fraga como Presidente, arriscándose a unha forte renovación nas listas e a prometer medidas que otrora prometese o PSOE e o BNG (redución de asesores, recorte da Administración paralela, etc), ten ao seu Partido en Madrid nunha situación interna de crise envolvida en escándalos.  

Denunciar que ao PP lle pode beneficiar a abstención non parece que vaia ser suficiente. En vez de prometer, o PSOE e o BNG, que se gañan e amplían a confianza dos cidadáns, farán unha política e unha xestión, nas consellarías que hoxe non gobernan, tan boa e ejemplarizante como nas que gobernaron, fixesen algo de autocrítica, pode que moitos dos que dubidan se ir votar ou non, ou a quen votar, considerasen que os valores e principios que din defender eses partidos son os mesmos que os seus.

4.13/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Eduardo Rego

Eduardo Rego

Eduardo Rego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1955). É profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña, onde imparte a materia de Socioloxía Política.



Máis opinións