“Poñendo en cuestión os motivos dos teus rivais e facendo que parezan perversos, podes diminuír a súa base de apoio e lograr espazo para a manobra” (Robert Green, 2006). Isto é o que vén facendo o PP desde que perdeu as pasadas eleccións xerais. Primeiro, tratando de deslexitimar ao novo goberno, segundo, acusándoo de traizón pola tegua de ETA, terceiro, acusando, a ZP e aos nacionalistas, de destruír España.
Non quero dicir con iso que non existan problemas nesas ordes, que existen e están, aínda, sen resolver, senón como o teñen sobredimensionado para crear tensión e traducila en símbolos para a confrontación: a Bandeira e a Unidade de España. “O PP é o único que pode salvar a España” (Acebes dixit).
É que o PP non ten outros obxectivos, outras ideas, ou programas, fóra da defensa exclusivista deses símbolos?. Ten algo que dicir sobre a vivenda, a educación, a sanidade, a igualdade entre homes e mulleres, sobre os dereitos dos cidadáns independentemente das súas crenzas relixiosas, das súas inclinacións sexuais, do medioambiente, etc.?. Acudín ao que considero a principal entidade produtora de ideas vinculada ao PP, a FAES, e en particular, ao expresidente de Goberno José María Aznar, que promove “novas ideas na loita contra a vella ignorancia”. Isto, seguramente, poderiámolo compartir moitos, verdade?. Haberá que ver en que consisten esas novas ideas. Ao mellor, coller un discurso recente, non vaia ser, agora, que é asesor dun importante grupo “estranxeiro” de comunicación, pense doutra forma. Tomo, pois, un recente, do 20 de setembro de 2007, da súa intervención na reunión European Ideas Netwok.
Sempre “o meu amigo Bush”.
O discurso é dunhas poucas páxinas e resúmoo en tres cuestións, aparte, por suposto, das súas apelacións a “o meu amigo Bus”:
1.- “Necesitamos reducir os impostos”. Adoita funcionar como unha chiscadela ao electorado. Connosco ides ter máis diñeiro no peto para as vosas necesidades, para gastalo libremente, no que cada un queira. Significa iso que cando gobernen van gastar moitísimo menos en publicidade, aforrar en persoal de designación propia, en gastos suntuarios, e ser máis eficientes?. Non, pola experiencia que temos aquí e alí. Que significa, entón?. Pois isto dio a continuación, pero non nos programas, onde nos fan entrever que teremos as mesmas prestacións e ata que as van a mellorar.
2.- “Necesitamos reformas máis profundas do Estado de Benestar”. “Facer fronte ao exceso de prestacións do Estado”. É dicir, claramente, recortar programas sociais e frear o investimento en servizos, educativos, sanitarios, etc. e que ca calderilla do peto que nos proporcionaron - á maioría asalariada e a moitos autónomos-, a redución de impostos, contratemos seguros privados, sanitarios, envíense aos fillos a unha universidade privada, contrátese un plan de xubilación, e se es muller, non traballes fóra de casa, coida dos teus maiores, dos enfermos, etc.
3.- “O que necesitamos realmente son mercados máis flexibles, incluíndo o mercado laboral”. Estimular a precarización laboral e posibilitar que o empleador poida ir eludindo as cargas sociais, de xubilación, sanitarias, etc, deses empregados e que o traballador poida volverse un competidor dos seus compañeiros de traballo.
Aínda por riba
Por se isto non é suficientemente indicativo, baste recordar que cando, o PP, non é capaz de obter apoios suficientes no Congreso para emendar un proxecto de lei do goberno e perde a votación, acode ao Tribunal Constitucional e presenta recurso. O que non gaña nas urnas nin no Parlamento, preténdeo gañar no TC: exemplos, recurso de inconstitucionalidade contra a lei que regula os matrimonios entre persoas do mesmo sexo, contra o novo Estatuto de Cataluña, contra a reforma da LOU , etc, e, por se era pouco, contra a Lei Orgánica do Tribunal Constitucional.
Esas “novas ideas de Aznar” teñen moito en común coas situacións que vivían as sociedades europeas da primeira metade do Século XIX: traballadores sen dereitos, mulleres sen expectativas, etc, e un Estado que só protexía aos ricos e poderosos, e que aínda, hoxe, é común nunha boa parte do mundo e non están superadas, nin moito menos, aquí e agora.
Pois non, parece que o PP non ten máis discurso que catro disparates. Moi bo artigo Eduardo.
Vale, tío, estás hecho todo un intelectual...no te gusta el PP. Pero siendo profe universitario, aunque hoy en día ser profe universitario dependa más que nada de tener buenos amiguetes que del currículo, deberías sustentar un poquito más tus vaguedades, porque llamarlas afirmaciones resulta pretencioso.
Por ejemplo, respecto al gasto de personal de designación directa, igual no te han contado, tan encerrado como estás en tu despachito coruñés, que en Vigo el gobierno "pogresista" y de izquierdas nos cuesta a los vigueses más del doble de lo que nos costaba el de Corina Porro. O que esta misma semana nos hemos enterado de que el BNG, con tan solo 5 concejales, ha contratado a 10 asesores ¡¡¡10!!! de designación directa.
Con profesores así, no le extraña a uno que la universidad gallega esté tan por los suelos. Si es que tanto hacer de alfombrilla, no es extraño que al final a uno lo pisen.
Parabéns polo artigo. De cando en vez cómpre relembrar o ultraliberalismo que rexe tralos discursos populistas do PP.
Pobriño Gaviotero, pajarraco irmán meu... ninguén lle fai caso!
Si, pero o PP aquí ten case maioría absoluta, polo que eses argumentos deben vender abondo, pois no meu concello, Cangas do Morrazo 5000 veciños votaron PP nas municipais e outros tantos nas galegas e nas estatais. Nomeadamente, asalariados e autónomos dos que falas no artigo, que acontece e logo??
Só escoitar onte o Nunes Feixoo na TVG era abraiante, con argumentiños contra a coalición de goberno de parvulario, un ghicho que non foi presidente galego de milagre...
Cal é o problema?? Porque lles funcionan tan ben esas estrataxemas??
Ti cres que os argumentos venden? Eu penso que a realidade é que a inmensa maioría da xente non ten nin puñetera idea do que propoñen uns ou outros e tampouco lle importa moito. A xente segue votando por costume, por interese particular, por "total todos son iguais", etc., e importalle moi pouco ou nada as propostas ou incluso os xeitos de gobernar.
Tamén a verdade é que os grandes partidos españois difiren moi pouco na súa política económica, e polo tanto é moi dificil encadrar a calqueira deles como defensor ou non das políticas de benestar, xa que a verdade é que por parte do PSOE so se fan timidos intentos para desmarcarse das políticas sociais do PP, e ambos queren vender que as baixadas de impostos directos son mais importantes que aumenta-la calidade das prestacións sociais ainda que sexa a costa de aumentar impostos directos.
Ademais parece que a xente dalle mais importancia a temas coma o terrorismo, a unidade de España, os simbolos, e demais chorradas, que os temas verdadeiramente importantes como poden ser a vivenda, o traballo digno, as políticas de benestar con axudas reais as familias de rendas mais baixas, as políticas medioambientais, o desenvolvemento sostible, etc., estou agardando que na confrontación política aparezan mais veces preocupacións pola mellora en termos económicos e de benestar da cidadanía que simples discusións de quen é mais español ou menos.
O terrorismo é unha lacra, pero a realidade é que produce moitas menos mortes cos accidentes de tráfico ou ca violencia de xenero, sen embargo debe producir mais votos. Parece que é moito mais facil movilizar a poboación cantando o "cara al sol" que deseñando programas de mellora da calidade de vida da xente, resucita-la morte de "una grande y libre" parece que ten moita cancha entre un amplo sector das poboación, a que aínda lle custa condear o franquismo e resultalle mais comodo xustificalo.
Tarda moito a democracia!
Estamos en democracia. Non venden os argumentos, o que a maioría da xente entende son os slogans. Os dous partidos maioritarios cultívanos, o PSOE fala de solidariedade e o PP de riqueza. O que está a moda, gústalle aparentar riqueza por riba de todo, aparentar PP. O que sinte as dificultades propias e alleas, gústalle o slogan solidario, por sentirse mellor. Moi poucos cambian de opinión e menos o fan de maneira informada. En canto aos símbolos, igual que o BNG, en canto a recurrir á xustiza, igual que o BNG e calquera oposición minoritaria. Non se corresponde a actitude co tamaño do partido, pero seica xa asumiron que meteron a pata ata o fondo co de Iraq e toca ser oposición por longo tempo. Unha crítica: o título non encaixa co contido.
Saúdos
Eduardo Rego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1955). É profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña, onde imparte a materia de Socioloxía Política.