Cada vez con máis frecuencia a voz da Igrexa que se escoita é a máis dogmática e ultraconservadora ata o punto de afogar o carácter poliédrico que caracterizou esta institución nas últimas décadas do século XX
Resulta difícil de comprender como o discurso tradicionalista de Rouco e moitos outros bispos poida ter un importante número de seguidores. A defensa da familia cristiá fundada na indisoluble unión entre o home e a muller constituíu, nesta ocasión, o motivo manifesto da concentración. Pero, que demandan exactamente?. Hai algunha norma legal que impida que un home e unha muller poidan casar polo rito católico?. Hai algunha lei que impida que un home e unha muller poidan manter a súa convivencia matrimonial durante toda a súa vida?. Non hai ningunha norma que impida realizar o que eles propugnan. Entón, a que tanta historia?. Non será que non lles abonda a liberdade que teñen de elixir o seu propio modo de vida senón que ese modo de vida debe impoñerse a todo o mundo, limitando a liberdade dos demais?. Botan de menos, non cabe a menor dúbida, o franquismo, que impoñía o seu modo de pensar - matrimonio entre o home e a muller para toda a vida.
A única verdadeira
Cando falan de "familia cristiá" están a falar de algo diferente á "familia musulmá" ou "familia xudea"?. Historicamente, as tres relixións, que se consideran cada unha, a única verdadeira, estiveron en conflito permanente, non obstante, teñen as tres a mesma concepción sobre a familia, defenden un mesmo modelo, que é o da familia patriarcal: submisión da muller ao home. Por iso están contra todo aquilo que permita á muller autonomía e liberdade para decidir sobre sí mesma. Por iso defenden un sistema político -autoritario- que estea ao servizo do sistema relixioso, defenden sistemas teocráticos, aínda que falen de democracia, á que odian, igual que odian o termo cidadanía e sempre alentaron a violencia para eliminar as discrepancias (A Inquisición, as Guerras de Relixión, as Cruzadas, etc.).
Tempos escuros
Quérese volver aos tempos escuros: cando unha muller sufría abusos sexuais e violencia, no modelo patriarcal, sempre era sospeitosa porque provocara o home ou se manifestara desobediente. Todo se xustificaba contra ela. Agora, o bispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, di dos nenos "se te descoidas, provócante", "pode haber menores que o consintan, e de feito hainos". Para min que ante isto debería actuar a fiscalía.Para entender un pouco o que está a acontecer, voume permitir -agora que nestas datas un pode dispoñer dunhas horas libres- recomendar dúas lecturas, que non están traducidas ao galego. Unha, o autor da cal é un pensador libanés Georges Corm, leva por título "A cuestión relixiosa no século XXI", na que analiza a aparición dos extremismos relixiosos, o xudeu, o cristián e o musulmán e, outra, de Israel Finkelstein e Neil Asher Silberman, o primeiro deles director do Instituto de Arqueoloxía de Tel Aviv - ameazado polos ultraortodoxos xudeus-, leva por título "A Biblia desenterrada", analiza se os feitos da Biblia son constatables historicamente e é un magnífico ensaio sobre a construción da nación xudea.Polo demais, reiterar unha vez máis, a necesidade de acabar cos privilexios que detén a Xerarquía Católica, a moral da cal ameaza os fundamentos da democracia.
Parabéns polo artigo. ALgunhas sotanas semellan devecer por tempos pretéritos.
Nin un can do estado para a igrexa! Supresión dos privilexios! .. e xa veremos como amansan..
Concordo totalmente; que comece a Xunta coa supressom dos concertos cos centros de ensino religioso. Foi umha vergonha comprovar como a conselheira de educaçom do PSdeG-PSOE cos primeiros com que se reuniu (para tranquiliza-los) foi cos corvos e as pegas ou os seus representantes opusdeístas, que co dinheiro de todos fam o seu negócio e contratam os professores que lhes peta, mesmo professores de língua galega e literatura castelam-falantes.
¿Que pasa cos opinadores de Vieiros? ¿Ninguén se atreve a facer un artigo sobre Xosé Cuíña? ¿Ou é que é tabú ese tema, señor Director?
Coido que a "construcción da nación xudea" só ten un xeito de entenderse, e é o xeito SIONISTA, pois non pode facerse de unhha relixión un pobo, nin unha relixión pode ser suxeita de dereitos NACIONAIS, ou sexa, o €$tado de i$$ra€l
"Con la iglesia hemos topado Sancho" (Don Quijote)
Efectivamente, as tres relixións católica, xudía e musulmá son as verdadeiras...causantes das desgrazas da humanidade.
Pero a católica, que é a que nos toca... os collóns, non ten xustificación de ser.
A verdade é que nos debía de importar un carallo o que diga a igrexa, salvo que nos consideremos católicos. Pero nos importa porque moitos fomos educados nesa relixión e unha boa parte de familiares déixanse guiar cegamente polo que digan os seus feiticeiros.
A xerarquía da igrexa é o máis parecido á xerarquía da igrexa xudía en tempos de Xesucristo.
Din que miran pola familia e non permiten casar aos curas, nin admiten mulleres na súa xerarquía. Promoven a desigualdade, facilitan a violencia de xénero, xa que a muller debe de aguantar as malleiras do seu marido ata que a súa morte sepáreos. Son machistas, clasistas e malas persoas.
Seguen a máxima da Deus rezando e co mazo dando...de hostias aos demais.
O mellor que hai que facer, agora que se pode, é ignoralos. Na época de Franco, por desgraza, non podiamos ignoralos, porque eran peores que os fascistas, xa que che lavaban o cerebro e querían apoderarse dos teus pensamentos.
Os curas bos eran tachados de vermellos e eran desprezados polo resto do clero.
A relixión verdadeira está fóra de calquera igrexa e é o que pense un libremente. Para algúns é o ateismo e para outros a liberdade de pensamento.
O problema non é o que diga a Igrexa. Teñen todo o dereito as súas crenzas, e a levar o modo de vida que consideren convinte. O problema é que non existen militantes agnósticos ou ateos que expresen as súas ideas en alto. Nos chamados partidos de esquerdas a necesidade de aproximarse ós votos do centro fai que aqueles estean calados e non se producira unha clara separación do estado do nacionalcatolicismo. E xa non digamos nada do Concordato que se mantivo en medio dun silencio pavoroso, a relixión nas aulas, etc.
Se recolle o que se sementa.
Ademáis cantos de esquerdas apostataron? Cantos non se casaron pola Igrexa? Cantos non bautizaron un fillo? Cantos non tiveron un funeral? Etc. Como nos chamamos todos senón con nomes de santos? Tamén así contribúese a Igrexa.
Sr.ROI_BATTI, Realmente vostede cre iso que o articulo non ten nada que ver con Venezuela. Saiba que logo de Arxentina e Mexico foi Venezuela un dos polos de emigración máis importante da comunidade galega. Se vostede analiza o artigo darase conta que existe unha variación no perfil do emigrante cara a Galiza. Pasando dunha poboación predominantemente moza e proveniente de áfrica a unha de corte iberoamericano cun compoñente de reagrupación familiar. De seguirse deteriorando as condicións de vida en Latinoamérica e de forma particular en Venezuela. Onde cre vostede que irán estes emigrantes do anos 50 y 60 e os seus descendentes. Os primeiros, moitos da terceira idade puidese comprometer un esquema sanitario financiado polos residentes galegos actuais e os seus descendentes poderían eventualmente competir coa man de obra local e aumentar o desemprego. E se cren que as colas do INEM son longas, verá como aumentan e a cara que porán moitos ao darse conta que hai persoas dispostas a traballa pola metade do soldo.
Con respecto á redacción. Seguro para vostede será moi fácil ler, falar e escribir en galego. Por desgraza a meus 47 anos de vida non me foi posible estudar en galiza e seguramente vostede saberá que en Venezuela fálase e escribe en castelán e o uso do galego é netamente de corte conversacional e nos grupos que manexamos este idioma. Moito máis difícil é escribir no noso idioma de forma regular. De todos xeitos se vostede non entende algo, teña por seguro que se pregúntao se aclároo. Rógolle que comprenda as limitacións idiomáticas dos galegos da diáspora.
Con respecto a ceñirse ao tema, creo que isto é relativo. Estamos falando de emprego, emigración e a diferenza dun foro académico leste é un foro aberto e a amplitude dos temas danlla os que desenvólven e quedase neles a potestade de ver ata onde chegar. De tal maneira que á igual que nun xantar ou a música vostede toma, usa e goza o que gústelle e simplemente rexeita o que non lle pareza agradable ou procedente. Se a vostede non gústalle o sinalado por min. Pode non lelo, pode criticalo. Para que poñerse límites ás ideas?
Saúdos e feliz ano señor ROI_BATTI
Eduardo Rego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1955). É profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña, onde imparte a materia de Socioloxía Política.