ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A PONTE

"¡ Boberías!"

09:00 06/06/2009

Así cualificou Esperanza a Aguirre, presidenta da comunidade de Madrid, as preocupacións que moitas persoas expresan sobre os problemas do medio ambiente e o cambio climático.

Pertinaz negación de moitos políticos que non queren entrar no debate que suscitan os informes e indicadores proporcionados por científicos e expertos. Como a avestruz que esconde a cabeza, négase o problema e en paz.

Cada vez un maior número de cidadáns ímonos sensibilizando sobre as consecuencias da intervención irreflexiva e voraz sobre a natureza. É certo, non obstante, que iso aínda non supuxo un cambio importante de actitude que afecte aos estilos de vida. Pouco a pouco algo avanzamos pero demasiado lento. Faise necesaria a promoción dunha educación ambiental para tomar conciencia deses problemas e ir actuando en consecuencia. Na medida en que cambiemos a nosa actitude teremos maior capacidade de esixir aos nosos gobernantes a adopción de medidas.

Un informe recente do RACC (Real Automóbil Club de Cataluña) titulado "Automóbil e medio ambiente" pon en evidencia as limitacións da sensibilidade sobre estas cuestións como o cambio climático. Por exemplo, o 80% dos entrevistados ( de ámbito estatal) afirman mostrar "moita" ou bastante preocupación polo medio ambiente pero só o 20,5% se informa acerca dos danos que ao medio ambiente poden causar os modelos de coches que lle interesaban.

Mortes prematuras

En España os 25 millóns de automóbiles producen o 11% de emisións de CO2, sendo a principal fonte de contaminación atmosférica da cidade e é responsable de 16.000 mortes prematuras (370.000 no ano 2000 na U.E), máis que as que producen os accidentes de tráfico.

Galicia conta cunha taxa de 0,52 turismos por habitante en 2007, algo superior á media estatal (0,47). O problema non é só elixir vehículos, dentro dos que ofrece o mercado, con menos niveis de contaminación, senón reducir o uso do automóbil particular, completándoo con outros medios de desprazamento, incluíndo, cando é posible, con camiñar.

Fai falta unha aposta decidida por parte dos gobernos para reducir este tipo de contaminación, creando estacións intermodais e mellorando os transportes públicos. O ferrocarril apenas supón unha pequena parte do transporte de viaxeiros ( non chega ao 5%). E a planificación deste no futuro, en Galicia, non vai modificar a situación.

Cidades medianas e pequenas como as que temos aquí vanse convertendo en inhabitables polo tráfico que teñen que soportar, co conseguinte gasto en combustible, máis contaminación, mais ruído, etc. e maior perda de tempo. A miúdo é consecuencia da irresponsable actuación das administracións (concesión de licenzas para grandes superficies comerciais sen planificación previa de viais que faciliten os fluxos de persoas que atraerá, novas urbanizacións,...), e, tamén, no costume arraigado nas últimas décadas de coller o coche para percorrer calquera distancia por pequena que sexa.

4,67/5 (12 votos)


Comentarios (3)

perezgulin #1 7/Xuño/2009 perezgulin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Interesante artigo que me provoca unha reflexión sobre o noso modelo de asentamentos e sobre a que non teño unha resposta clara pero que si me permitiría introducir algunhas consideracións importantes no tema da relación entre cambio climático e mobilidade.

Normalmente os estudos de mobilidade (como ao que se fai referencia do RACC) relacionan coches e medioambiente sen considerar un elemento fundamental que no fondo provoca os maiores dos efectos sobre o medio, isto é o sobredimensionamento das vías para a circulación de vehículos, sobre todo se facemos a sinxela comprobación de que máis estradas e autoestradas provocan importantes incrementos na utilización do vehículo privado particular.

Pola súa banda ao reflexionar acerca dunha solución que teña en conta exclusivamente os efectos do vehículo utilizado tendemos a considerar os vehículos eléctricos como unha posible solución. Neste caso se obvia que os coches eléctricos requiren de mineirais para fabricar as baterías que replican un modelo de explotación norte sur e que as recargas non solucionan os problemas das emisións namentres non se cambie o mix enerxético baseado en centrais alimentadas por combustibles fósiles. En calquera caso, esta opción precisa das mesmas estradas polas que circulen estes vehículos.

ecoe #2 7/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se foran moitas as persoas preocupadas -cómo, si os medios ben o impiden, e outro camiño non está ó alcance-, a bárbárica señora non andaría nelas nin ahí!

Saúde

osimon #3 8/Xuño/2009 osimon
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por riba das axeitadas conclusións do señor Rego, máis aló temos a dura realidade que o goberno está a apoiar o crecemento do parque de vehículos, aínda os de maior prezo coa escusa de impulsar e mobilizar o mercado de consumo, cos cartos das axudas aos vindeiros posuidores e que reflectiran, vía impostos, no peto e na economía de toda-las persoas pensen mercar coche ou non.

Nos tempos que percorren cara ás persoas con baixas pagas, tanto en activo coma os pensionistas ou os desempregados con paga ren, coma é o xogo perverso destes gobernantes que privilexian o investimento dos diñeiros públicos nas devanditas axudas á venda de coches por sobre a mellora dos baixos ingresos de moitos pensionistas ou da falla destes ingresos nunha meirande dos desempregados.

Cal é o xeito que xustifica a crueldade desta actitude, segundo o goberno a razón fica no apoio ao mercado de consumo, acho que o pulo o recibe só o consumo luxoso, xa que a maioría dos que teñen un traballo normal, e coas actuais pagas deturpadas, mailas ameazas do peche das fontes de traballo, de mala maneira poderán endebedarse mercando un vehículo de alto custo, pola contra as persoas con fortes ingresos, ou coa suma dos do seu fogar, mailas xudas do estado achegaran sen dubida a estes coches de luxo.

A imaxinación torta destes funcionarios pensa, se é que pensa, que farán os desempregados sen paga ou os pensionistas de baixos ingresos se o estado lles axuda, pois mellorar a súa calidade de vida mercando nas tendas do seu arredor, e logo estes feitos non mobilizan o mercado de consumo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Eduardo Rego

Eduardo Rego

Eduardo Rego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1955). É profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña, onde imparte a materia de Socioloxía Política.



Máis opinións