Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


9M: Galicia

10:15 13/03/2008

A vitoria clara de Zapatero e o PSOE nas pasadas eleccións xunto ao crecemento (lixeiro) e mantemento dos dous escanos do BNG despexan o horizonte das próximas autonómicas en Galicia e abren unha etapa con grandes posibilidades.

Como foi acontecendo na grande maioría das convocatorias a eleccións xerais - e de forma progresiva, a competencia entre partidos estivo marcada por unha forte polarización bipartidista entre PP e PSOE, ata ao punto, nesta ocasión, de que o resto de forzas políticas parlamentarias sufriron as consecuencias negativas, quizais máis que ningunha outra IU (ademais, enormemente prexudicada polo sistema electoral) Só CIU e BNG resisten. Aínda que a perda de votos e escanos dalgúns partidos non pode atribuírse por completo a este fenómeno, véxase as declaracións de Carod Rovira en La Vanguardia (do día 11), se ten o seu impacto nos resultados.

En Galicia (aínda que non só nesta comunidade), en particular, isto reflíctese, polo menos, en dous indicadores: taxas de participación máis altas e mellores resultados do PSOE en eleccións xerais que en eleccións autonómicas.

Nestas eleccións, todo parece indicar (haberá que esperar aos estudios postelectorais para unha análise detallada) que o PSOE agrupou o voto de esquerda no Estado e o PP, a pesar do seu discurso catastrofista e da exclusión de Gallardón en Madrid, obtivo unha importante bolsa de votos de centro (Belén Barreiro, El Pais, 11 de marzo). En Galicia, non obstante, todo parece indicar que o pequeno aumento de voto do PSOE, en relación a 2004, provén de transvasamento do PP. Este partido vén descendendo paulatinamente en Galicia, aínda que consegue manterse como primeira forza. Non obstante, en procesos de eleccións xerais anteriores (dende 1993), incluíndo 2004, o voto que veu recibindo o PSOE, en eleccións xerais, nútrese de importantes bolsas de votantes -nas autonómicas- do BNG.

¿Extrapolar os datos das xerais ás autonómicas?
Aínda que, por dicilo así, todos os procesos electorais (autonómicos, locais, xerais, ...) teñen vasos comunicantes entre si, cada un ten a súa propia clave. De aquí que extrapolar os resultados dun proceso a outro mecanicamente induce a erro: o BNG tende a recuperar parte do voto que en eleccións xerais vai ao PSOE. Non cabe dúbida de que a derrota "dóce" de Rajoy -"agre" en Galicia- e a vitoria de Zapatero, que volverá repetir como Presidente de Goberno, facilitará un triunfo en Galicia de Touriño e o PSdeG pero o BNG está, tamén, en condicións de competir porque se fixo necesario en Madrid. Zapatero non está en situación para perder de vista ao BNG. En certo sentido a vantaxe de Touriño ao contar cun Presidente de Goberno do seu propio partido, parcialmente, vese neutralizada polos dous deputados en Cortes do BNG.

Sen perder de vista o PP, a hipotética crise a nivel estatal manterase oculta polo empeño de Rajoy de continuar, presentándose como candidato no próximo Congreso de xuño, amortecerá a crise do PPdeG. A vantaxe do bipartito (PSdeG e BNG) para as próximas eleccións autonómicas é clara, pero non só dependerá destes factores, senón da súa propia política e xestión de goberno, da súa capacidade, e da percepción dos cidadáns sobre as realizacións deste goberno. E queda pouco máis dun ano.

4,15/5 (27 votos)


Comentarios (9)

maltus #1 13/Marzo/2008 maltus

Se o PSOE e o BNG saben xogar as súas bazas, nas próximas autonómicas o PP vai suar para chegar aos 30 deputados. Os resultados das últimas eleccións son malos especialmente para o PPdeg.

fandinho #2 14/Marzo/2008 fandinho

Quizás non estaría mal que houbera un cuarto en discordia fronte ao actual triunvirato. Darialle mais colorido, mais suspense e obrigaría a espremer mais os meolos á clase política, para ben dos ciudadanos

caxato #3 14/Marzo/2008 caxato

O BNG non subiu estando no goberno e vai sufrir nas autonómicas. Estase chegando aos tres anos de goberno bipartito e non pode seguir vendendo "nación", non vale con que Galicia sexa unha potencia, e con que nos sintamos galegos, tamén se necesita que abra as portas esa galescola prometida e a residencia da terceira idade ou a piscina aquela.

casdeiro #4 15/Marzo/2008 casdeiro

A ver, ho, que copiamos o peoriño do castelán... "11-M", "9-M"... é "M" de Marzo ou de Maio?? :-D Dentro de pouco non o saberemos. Empregar unha inicial non serve cando non é distintiva do que representa.

casdeiro #5 15/Marzo/2008 casdeiro

E agora co serio: o que comprería facer para as vindeiras autonómicas é reformar a lei electoral galega e facer unha circuscrición para os galegos da Diáspora, como defenden os partidos gobernantes para o Parlamento Español. Se alí si, por que aquí non, eh?

Gaviotero #6 16/Marzo/2008 Gaviotero

El BNG sólo vende humo y en esta campaña el único objetivo de PSOE y BNG era "frenar a la derecha".

Pero en las autonómicas tendrán que competir entre ellos, especialmente si el BNG no quiere terminar absorbido por un PSOE con tendencia a comerse a sus apoyos nacionalistas.

Respecto a la gestión: manipulación de la TVG, con dimisión del número 2 de Vicepresidencia incluida, los montes arrasados por el fuego y la negativa del BNG a condenar el nazismo y los actos de violencia provenientes de su entorno.

Esa es la magnífica herencia que nos dejan los nacionalistas.

Y por supuesto, exclusión y discriminación. O sea, más nacionalismo.

teixugo #7 16/Marzo/2008 teixugo

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...

CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)

AGIL #8 17/Marzo/2008 AGIL

Gaviotero, como não és parvo, necessariamente "jogas" ao "teu" favor, mas sabes bem que no reino bourbónico há um só nacionalismo forte (= com exército e polícia e com as cartas marcadas no seu favor): É o nacionalismo espaÑol em que militais os gavioteros e os zapateros e os de IU ... Nisso andais bem de acordo: EspaÑa una, grande e acaso livre...
(Por sinal: Tanto reclamo de liberdade... para os que JÁ tendes toda está a desmascarar-vos demais.)
Os outros "nacionalismos", os que cinicamente vós -os nacionalistas espaÑoles denominais nacionalismos, sem aspas, apenas são projeto de nacionalismos sobre a base, real ainda, da existência de grupos nacionais, como são o Galego, o Catalão e o Basco.
O resto é andar a mentir ... isso sim, mentiras piedosas para o nacionalismo espaÑol e os seus cultores, dominantes sobre os outros ainda não nacionalismos.

AGIL #9 17/Marzo/2008 AGIL

Ao Eduardo Rego perguntaria por que, sendo sociólogo e sem dúvida conhecedor da História da Galiza e do reino bourbónico, não utiliza o nome própria da Galiza, GALIZA, quando escreve em galego... "Galicia", denominação castelhana de GALIZA, vale em textos castelhanos, onde também caberia GALIZA (como recolhe a Enciclopedia Multimedia Planeta D'Agostini, por exemplo).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: