ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MONTE ALTO

Prontuario xurídico español

09:15 19/02/2009

Liberdade (acepción galega) Fonte: Dicionario Ir Indo
 1.-Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición. 2.-Permiso que ten alguén para facer algo.

Liberdade (de elección lingüística): 1.-Deber constitucional de coñecer a Lingua Española. 2.-Dereito das persoas físicas e xurídicas a non acataren leis españolas que regulen o uso dalgunha lingua, excepto a citada anteriormente.

Liberdade (de ensino): 1.-Concordato coa Santa Sede. 2.-Dereito da persoa católica a que o Estado financie as empresas educativas privadas. 3.-Dereito do Estado Vaticano a nomear funcionarios do ensino no Estado español. 4.-Dereito exclusivo dos católicos a reclamar a censura dos libros oficiais que consideren alleos á súa moralidade.

Liberdade (de asociación e de expresión): 1.-Conxunto de disposicións constitucionais que garanten o dereito de asociación e de manifestación aos grupos organizados que profesan ideoloxías de carácter fascista. 2.-Lexislación ad hoc que no ámbito vasco impide asociarse, manifestarse ou concorrer ás eleccións todo partido que non condene expresamente a violencia de ETA, aínda que condene expresamente a violencia. Esta orde queda sen efecto fóra do ámbito vasco e tampouco será aplicable a quen faga declaracións ou exhiba signos que xustifiquen outras modalidades de violencia.

Liberdade (de reunión): 1.-Mandato constitucional que protexe o dereito das persoas a se congregaren publicamente sempre que non poñan en perigo outros dereitos e liberdades (vid. “liberdade de asociación e de expresión”).
Disposición adicional: Calquera galego vestido de vaca no ámbito da súa Comunidade Autónoma e zonas limítrofes é sospeitoso de impedir a liberdade de reunión e deberá identificarse.

Liberdade de culto: 1.-Dereito do Estado a enviar os seus representantes ás cerimonias da Igrexa Católica. 2.-Dereito de Igrexa Católica a enviar os seus representantes aos actos do Estado, sempre que non vistan de vaca. 3.-Dereito dos españois musulmáns a sacrificar un año en festas relixiosas. 4.-Dereito dos españois españois a torturar e executar un touro en festas laicas. 5.-Dereito dos españois armados a disparar contra mamíferos e aves en reunións de carácter deportivo.

Disposición adicional 1ª: Conforme á Declaración Universal de Dereitos do Animal, ningún galego/a poderá matar un porco.
Disposición adicional 2ª: Calquera persoa vestida de vaca que obstrúa algún destes dereitos poderá ser identificada e posta a disposición xudicial.

4,84/5 (50 votos)


Comentarios (14)

EVAZSOU #1 19/Febreiro/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

genial... mágoa não saíres na foto vestido de Vaca...

Saúde

Carl #2 19/Febreiro/2009 Carl
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

xenial, parabéns coma sempre Xabier. Temos un cocido pendente...

Rafa

galeguzo #3 19/Febreiro/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Muito bom o artigo, parabéns.

Hispanico #4 19/Febreiro/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Magistral, porém, esquenceu-se duma:

Liberdade a escolher um futuro de mais "bem-estar" para os filhos:

dereito inalienável daqueles galegos que, sentíndo-se tam espanhois coma os madrilenhos, nom querem que os seus filhos esteam em desavantagem com os filhos dos madrilenhos quando chegar a hora de opositar ou procurar um trabalho fora das quatro provincias da comunidade autónoma. (Este direito abrolha em parte do conceito de "um cerebro, uma língua")

suso #5 19/Febreiro/2009 suso
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Disposição adicional (I) á "Ley de Hispánico":
Os galegos que se sintam tão universais como os londinenses, terão o direito a educar os seus filhos em inglês, para não estarem em desvantagem com os filhos dos norteamericanos quando chegar a hora de procurar trabalho polo mundo adiante.

Disposição adicional segunda:
Os galegos que se sintam tão senegaleses como os Monkombenses, terão o direito de educar os seus filhos em wolof ou suahili (em aulas pagas pola Junta da Galiza) para quando voltarem ao seu paos

Disposição 3:
Repetir com todas as línguas do planeta

mceleiro #6 19/Febreiro/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Excelente artigo. Parabens.

E excelentes também as disposições adicionais do Suso.

luisfoz #7 19/Febreiro/2009 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Muito bem, Cordal. Postos a procurar a "petite mouche" que dim os franceses nom viria mal amecer-lhe algo sobre a monarquia.

acivro #8 19/Febreiro/2009 acivro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Xenial. O malo é que determinadas tribos, tocadas polos deuses, non teñen senso do rídículo nen vergoña.

xirona #9 19/Febreiro/2009 xirona
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Moi bo! O problema é que a este tipo de textos legais non se lles pode enmendar. Ou mais ben non nos deixan facelo.

Saúdos!

edreira #10 19/Febreiro/2009 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Magoa do porquiño,so podo matalo vestido de vaca e turrando. E despois todo para o avogado, a vaca, o porco e os dereitos.
Moi bo.

Cancalla #11 19/Febreiro/2009 Cancalla
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que bo é poñerlles diante do espello!

Xistral #12 20/Febreiro/2009 Xistral
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Deches no cravo unha vez máis.

tuzaro #13 20/Febreiro/2009 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

simplemente

BOÍSIMO

Erasmo #14 23/Febreiro/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Liberdade de Pensamento
ou Pensamento en Liberdade ?

http://quin.tv/video/a-cultura...

Instruccións de uso:
Ver ata o final...
... e seguir ó LIDER...!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xabier Cordal

Xabier Cordal

Xabier Cordal Fustes naceu na Coruña en 1965. Exerce como profesor de Lingua e Literatura en Castro Ribeiras de Lea (Terra Chá). Publicou varios libros de poemas, tanto en solitario coma en grupo (con Ronseltz ou coas Redes Escarlata, colectivo do que forma parte actualmente). Colaborou co xornal Galicia Hoxe.



Máis opinións