Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A CERNA DO XALUNDES

Presidentes, Ministros e Conselleiros

14:00 12/04/2009

A penas un ano despois de gaña-las eleccións xerais, o presidente Zapatero viuse na obriga de cambia-lo goberno. Seica o Chaves adiantóuselle e, tantas gañas tiña de ser ministro, que non se puido reprimir. Filtrou a información á prensa pois quería que todo o mundo o soubese canto antes: acababan de ascendelo a ministro a el que levaba 22 anos de presidente!

Disque a renovación do goberno se debe á necesidade de articular un equipo cohesionado para faceren fronte á crise. Curiosamente, entre os novos ministros non se albisca ningún especialista en transformacións económicas, nin en xestión de crises, nin en competitividade empresarial nin en optimización do gasto público. As modificacións de Zapatero, máis ca unha remodelación de goberno semellan unha operación de cambio de sexo: Elena por Pedro, Pepe por Magdalena, Angeles por César Antonio, Ángel por Mercedes e Trinidad por Bernat. E ademais, Chaves para intentar centralizar sen que se note moito.

No entanto, Feijóo segue á procura de conselleiros con tan mala fortuna que aqueles que tiña escollidos resulta que, tanto se identificaran coa cousa pública durante os últimos gobernos Fraga (Manuel Fraga, aqueloutro presidente) que a tomaran como algo tamén privado. Para colmo de males, seica os primeiros candidatos están rexeitando cortesmente os ofrecementos, parece que pola perda de emolumentos directos a percibir respecto dos seus postos actuais. E Feijóo, ante ese primeiro problema, fará o que sabe facer: chamar polo seu xefe:

- Mariano, que tal, como estás? -non traducimos para mante-lo realismo da conversa.
- ¿Quién eres? Ah, si, Alberto. Espero que me llames para algo importante.
- Verás, es que nadie me quiere venir de conselleiro. Que dicen que les pago poco.
- Pero hombre, con esas me vienes. Tú explícales directamente la manera de sacar más tajada desde el primer momento.
- Claro, claro, Mariano, tú siempre tan brillante.
- Mira Alberto, déjate de historias. Tú pon a quien te pete. Pero ya me estás desmontando lo del gallego cuanto antes. Además, abres de nuevo la construcción en nuestros ayuntamientos y llenas otra vez todos esos ríos que tenéis por ahí de centrales que aquí, en Madrid, con crisis o sin crisis, cada día necesitamos más electricidad. Y anímate, hombre, que te veo preocupado. Si te portas bien, te hago ministro cuando llegue a la Moncloa.
- Pero Mariano, ¿y entonces en Galicia?
-¿Qué pasa en Galicia? ¿Aún no te has dado cuenta que a los gallegos les vale cualquier presidente?

E tras frase tan afortunada, colgoulle Rajoy o teléfono a Feijóo. E Feijóo seguiu a follea-los álbumes de fotografías do colexio.

4.05/5 (22 votos)



Marcelino Fernández Mallo

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UNED e MBA polo IMD, Escola de Negocios de Lausana. Desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego. Publicou o ensaio "De la Peseta al Euro", o libro de relatos "Cabilia" e as novelas "A Trenza" e "Klásicos" Mantén a bitácora persoal A trenza



Máis opinións